HomeCulturaA Deputación promociona o románico con varios roteiros

A Deputación promociona o románico con varios roteiros

Son 16 rutas guiadas gratuítas polo patrimonio románico da provincia que se desenvolveran ao longo de cinco xornadas deste mes de maio. A institución provincial promove así a terceira edición dun programa que organiza con motivo do "Día da Transrománica", ofrecendo en total 400 prazas, 25 por itinerario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo bota a andar a terceira edición do programa de actividades gratuítas con motivo do “Día da Transrománica”, que se celebra o 9 de maio. Son 16 rutas guiadas gratuítas polo patrimonio románico da provincia que se desenvolveran ao longo de cinco xornadas do mes de maio.

As visitas faranse os días 6, 7, 9, 13 e 14 dste mes e estarán dirixidas por un guía oficial de turismo. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas e no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas.

As inscricións poden facerse na web http://inscricions.deputacionlugo.org ata completar o aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo electrónico romanico@deputacionlugo.org

A Deputación de Lugo ingresou no 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa, o que situou ao románico lucense no nivel máis alto de recoñecemento europeo. Está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por rexións de 9 países da Unión Europea -Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Cartel coa programación / Deputación de Lugo

PROGRAMA COMPLETO

A programación organizada este ano pola Deputación con motivo do Día da Transrománica é a seguinte:

Sábado, 6 de maio

– 10:30 horas. O románico nas Terras da Ulloa: Antas de Ulla.

– 10:30 horas. Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz.

– 16:30 horas. O románico de Taboada.

– 16:30 horas. O románico nas Terras da Ulloa: Palas de Rei e Monterroso

Domingo, 7 de maio

– 10:30 horas. Pantón: A ruta do monacato feminino.

– 11:00 horas. O románico na contorna do Miño e o Camiño de Santiago: Portomarín e Paradela.

– 16:30 horas. Sarria: o románico no Camiño Francés.

– 16:30 horas. O Saviñao: románico con vistas ao Miño.

Martes, 9 de maio (Día da Transrománica)

– 11:00 horas. A Catedral de Lugo e a o burgo medieval.

Sábado, 13 de maio

– 10:30 horas. O románico en Chantada.

– 10:30 horas. Monforte na historia.

– 16:30 horas. O románico no Xeoparque das Montañas do Courel.

Domingo, 14 de maio

– 10:30 horas. O románico de Sober.

– 11:00 horas. Santa María de Meira.

– 16:30 horas. O románico do Lugo rural e Guntín.

– 17:00 horas. Os tempos dourados de Afonso IX. Visita a unha importante vila medieval do Reino de Galicia: Viveiro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...