InicioCulturaO músico Miguel Franqueiro de xira polos mellores teatros de Europa coa...

O músico Miguel Franqueiro de xira polos mellores teatros de Europa coa Filarmónica da Scala de Milán

O músico Miguel Franqueiro (Boqueixón, 1983), tuba e director da Banda de Música de Sober, participa durante estas semanas coa Filarmónica da Scala de Milán nunha xira que o leva a algúns dos mellores teatros de Europa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ademais de facer temporada no Teatro Alla Scala de Milán desde o mes de decembro, o músico está percorrendo diferentes auditorios e teatros de Europa coa Filarmónica da Scala de Milán. En concreto; o teatro de Brucknerhaus, en Linz; Bartók Béla National Concert Hall, en Budapest; e Konzerthaus, (onde se celebra o concerto de aninovo) en Viena.

Miguel Franqueiro está a facer temporada coa orquestra do teatro da Scala de Milán desde finais do ano 2022, participando en diferentes espectáculos musicais. Durante o mes de decembro participou como tuba solista en máis de 15 funcións interpretando a obra de Chaikovski ‘El Casnanueces’ xunto co ballet da Scala de Milán e o coro infantil. No mes de xaneiro interpretou a gran ópera de Giuseppe Verdi ‘I vespri siciliani’.

A maiores da tuba, o seu instrumento principal, Miguel Franqueiro estreouse na orquestra co cimbasso, un instrumento de metal baixo que se desenvolveu a partir da serpe erguida ao longo do século XIX nas orquestras de ópera italianas, para cubrir o mesmo rango que unha tuba ou un trombón contrabaixo.

Ademais de tocar coa orquestra da Scala de Milán, Miguel Franqueiro traballou con outras recoñecidas Orquestras como a do Liceu de Barcelona, a Orquestra Nacional de España, a do Teatro Regio de Torino, HSCO Bruselas, etc… Colabora frecuentemente coa Orquestra de RTVE de Madrid, coa Real Filharmonía de Galicia e a Sinfónica de Galicia, entre outras formacións orquestrais. É ademais o director da Banda de Música de Sober e é mestre na escola de música do municipio, así como mestre en diferentes escolas de música de Galicia.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....