HomeCulturaO mellor cartel para o Esmorga Fest que se celebra en Sarria...

O mellor cartel para o Esmorga Fest que se celebra en Sarria o 19 e 20 de maio

A xefa provincial de Turismo da Xunta de Galicia, Paloma Vázquez, participou este luns en Sarria na presentación do festival de música independente Esmorga Fest, que achega os días 19 e 20 de maio á localidade a artistas galegos, nacionais e internacionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno galego apoia esta cita, que segundo a organización presenta o mellor cartel de todas as edicións. Así, hai previstas 19 actuacións que comezarán o venres coa presenza de Víbora, First Breath After Coma, Toundra, La Plata, VVV [Trippin’ you], Pálida e John Axiom.

O sábado continuará a programación con DJ Don Gonzalo, Charnego, Ghouljaboy, o artista local Castro, Grande Amore, The Parrots, Last Days of April, bdrmm, Los Punsetes, Yawners, Lagoon e Cora Novoa. 

No Esmorga de día, no espazo A Unión (entrada gratuíta), contarase con zona para os mini esmorgueiros, desde as 13:00 ata as 20:00, estará aberta a zona infantil, onde haberá globoflexia, pintacaras, xogos… A partir das 16:30, comezarán os talleres e xogos musicais para gozar do EsmorgaFest en familia.

Na presentación destacouse a aposta dos organizadores por aglutinar talento internacional, nacional e galego para seguir posicionando o Esmorga Fest “como un dos mellores festivais de música alternativa, que acolle a público de toda España”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...