HomeCulturaMúsica e literatura os días 20 e 21 de maio en Chantada

Música e literatura os días 20 e 21 de maio en Chantada

A Irmandade Cultural País do Faro organiza este sábado, día 20, a presentación do libro "María Casares fronte ao espello", da escritora e actriz Sabela Hermida. E a Banda de Música de Chantada realiza este domingo, día 21 de maio, o xa tradicional “Concerto do Socio”, que este ano leva por título “Chantada: música e inspiración”. Será ás 13h no Auditorio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Recreativo Cultural de Chantada acolle este sábado unha actividade organizada pola Irmandade Cultural País do Faro. Ás 20.00h presentarase o libro “María Casares fronte ao espello”, por parte de Anxo González Guerra. O acto ten entrada libre e de balde.

Este domingo, día 21 de maio, a Banda de Música de Chantada ofrecerá o xa tradicional “Concerto do Socio”, que leva por título “Chantada: música e inspiración”. Nesta ocasión a Banda amosará como a vila de Chantada foi inspiración para moitos músicos que decidiron deixar rexistro musical desas lembranzas, imaxes, gastronomía, ou das xentes do corazón de Galicia. Máis aló da Muiñeira de Chantada, haberá exemplos de pasodobres como Chantada, moi interpretado polas bandas nas alboradas e que leva a muiñeira na súa parte final; O Chantadino, do mestre Groba, dedicado a un bo amigo del con orixes nesta terra; O Rato, dedicado ao Presidente de Honra da Banda, Antonio Serafín Ledo Palacios, e que se estreou o pasado verán; ou Recordando Chantada, do mestre portugués Fernando Ferreira da Costa, cunha fermosa historia detrás.

Non faltarán obras sinfónicas como a Sinfonía Romaría de David Fiuza, da que se interpretará o último movemento, de nome “Derradeira carallada: Muiñeira de Chantada”, ou Chantada, obra feita polo mestre Raúl Martín Niñerola para conmemorar o 150 aniversario da banda hai xa uns anos, e que “describe musicalmente paisaxes que están no ADN chantadino como o monte do Faro, a Feira do Viño, ou o Entroido Ribeirao”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...