Gloria Prada presentou o Festival como un evento cultural consolidado dentro da programación do Concello de Monforte, calificouno como “un dos mellores do xénero en Galicia tal e como avala o feito de que na edición anterior chegaran mais de 200 curtametraxes e nesta aumentou a 280 o número de participantes”. A tenente Alcalde destacou a implicación do Festival coa formación a través de exposicións, clases maxistrais e rodaxes e desculpou a ausencia do alcalde que manifestou o compromiso do Concello con esta iniciativa “como xeito de apostar por unha oferta cultural sólida que ademáis neste caso, sempre ten o engadido da utilización de espazos rurais que lle confiren un atractivo único”.
Iván Patiño sinalou que a programación deste ano está adicada á película “El Exorcista” na conmemoración dos 50 anos da súa presentación. A acción máis importante do festival será a presenza de Marian Salgado que tal e como a definiu o responsable do Fancine, é unha das mulleres fundamentais na historia do fantaterror español e que foi quen puxo a voz á nena do Exorcista na versión da película en español.
Este ano veranse as seguintes producións: Escooby-Doo, dúas películas galegas, O Corpo Aberto e a gañadora do Goya en películas de animación do ano pasado, por suposto a película homenaxeada, O Exorcista que pechará o festival e, o primeiro día arrincará con “Endemoniada” protagonizada pola convidada de honra, Marian Salgado. Xa por último, queda unha última produción da que Iván Patiño non quixo falar por ser sorpresa.
En canto ás Curtas presentáronse 280 para unha selección final de 23 que terán que elexir o xurado composto pola Concelleira de Cultura, Marian Salgado e Aida Cordero da que sairán catro gañadores con premios de 1.000€ destinados para tal fin.
Nesta edición proponse unha iniciativa innovadora dentro da formación, o Concurso de Curtas curtas consistente en curtametraxes de terror e duración inferior a 30 segundos, que está funcionando moi ben tal e como afirmou o responsable da iniciativa.
Iván Patiño agradeceu a colaboración do Concello de Monforte que xunto coa Deputación fan posible que o Festival Fancine de Lemos se poida celebrar co éxito actual sendo un referente deste xénero en Galicia.