InicioCulturaSober convoca para este verán 3 bolsas culturais internacionais "Pintor de Castinandi"

Sober convoca para este verán 3 bolsas culturais internacionais “Pintor de Castinandi”

O Concello de Sober convoca 3 Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para o verán 2023 co obxectivo de impulsar o crecemento cultural a nivel internacional, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal de tres persoas, que poderán asistir de maneira gratuíta a un dos 3 talleres de verán que organiza o proxecto cultural ‘La Plantación’ en cada disciplina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas bolsas son formacións culturais internacionais, destinadas a persoas de ata 40 anos, promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural La Plantación, Encontros e Coñecemento, a través de talleres de verán. Nesta ocasión cada bolsa ten un valor de 795 euros.

O taller de fotografía celebrarase do 9 ao 14 de xullo co recoñecido fotógrafo Alberto García-Alix. O taller de pensamento celebrarase do 23 ao 28 de xullo co escritor, músico e poeta Ramón Andrés. O taller de cinema celebrarase do 30 de xullo ao 4 de agosto co cineasta Pedro Costa. Os talleres levaranse a cabo na localidade de Rosense, na Casa Grande, en Sober.

A Plantación. Encontros e Coñecemento é un proxecto cultural feito desde Galicia, onde se cultivan e comparten experiencias arredor de distintas artes. O método de traballo consiste en propoñer encontros abertos entre un autor e calquera persoa que estea interesada (profesional e non profesional) co obxectivo de reflexionar sobre proxectos e intereses creativos.

Mediante esta convocatoria, o Concello de Sober busca a tres persoas con inquietudes artísticas e culturais e coa necesidade de seguir formándose que posúa un destes perfís:

  • Ata 40 anos.
  • Estudantes en activo matriculados actualmente nuns estudos próximos á especialidade de cada taller.
  • Titulados en estudos relacionados coa especialidade de cada taller.
  • Outras persoas. As persoas interesadas han de presentar unha carta de motivación, onde indicarán porqué quere facer o taller, como cren que poderán aproveitalo nun futuro etc.

Tamén han de enviar unha mostra do seu traballo persoal (dossier), relacionado coa especialidade en que soliciten a bolsa. As solicitudes presentadas serán avaliadas por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes.

A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 26 de xuño de 2023 ás 00:00 horas, ao día 30 de xuño de 2023 ás 23:59 horas (hora de España). As datas son improrrogables. Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, enviarase un mail de confirmación ao participante. Se o recibe, significa que a participación chegou correctamente e que cumpre os requisitos esixidos.

Enviar a: info@laplantacion.info un cartafol en PDF con nome e apelidos. A persoa gañadora da bolsa, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días de formación experiencial, totalmente presencial (no taller de verán para o que solicita a bolsa que se levará a cabo na Casa Grande de Rosende (o taller inclúe manutención en pensión completa. Os desprazamentos ata o lugar onde leva a cabo o taller son a cargo da persoa bolseira).

O fallo do xurado notificarase a través do correo electrónico á persoa gañadora da bolsa o día 3 de xullo de 2023.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...