HomeCulturaO 5 de xullo comeza o IX Fancine de Lemos

O 5 de xullo comeza o IX Fancine de Lemos

O Festival de Cine Fantástico e de Terror comeza cunha gala de inauguración este mércores ás 21:00 horas na casa da cultura de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A novena edición do Festival de cine Fantástico e de Terror Fancine de Lemos comeza
este mércores, 5 de xullo, cunha gala inaugural conducida por Manola Porto, xornalista e locutora de Onda Cero Monforte. Contarase coa intervención de Iván Patiño, director do festival, e Marina Doutón, concelleira de cultura do Concello de Monforte de Lemos. Durante o acto entregarase o premio de honra Fancine 2023 á actriz de dobraxe Marian Salgado. “Marian Salgado é unha das figuras máis importantes do fantaterror español. Con este galardón queremos recoñecer e homenaxear a súa contribución ao cine de xénero dos últimos 40 anos”, sinala Patiño.

Ao longo dos cinco días de duración do Fancine de Lemos, pasarán por Monforte recoñecidos profesionais do sector que participarán en coloquios e clases maxistrais. Alberto Vázquez, director de “Unicorn Wars”, película gañadora do Goya a mellor animación en 2022 e Khris Cembe, director de animación, presentarán a súa película o venres e participarán nunha mesa redonda sobre o sector do cine de animación español. Ángeles Huerta, directora de “O Corpo Aberto” e Gaspar Broullón, productor, estará na proxección o xoves 6. Aída Cordero, directora, productora e membro do equipo de CIMA, formará parte do xurado do festival e participará o domingo, xunto a Marian Salgado e Reinaldo Pereira, subdirector do festival, no Vermú- Coloquio sobre Fantaterror español.

Imaxe gráfica que protagoniza o cartel. Obra de Andrea Rodríguez

Marc Pujol, atrezzista, escenógrafo e creador do estudio Anomalia traerannos a exposición “Obxectos malditos do cinema” que, tras o seu paso polo festival de Sitges , exporá na Casa de la Cultura Lois Pereiro de Monforte reproduccións de pezas icónicas do mundo do cine de terror.

O sábado, 8 de xullo, terá lugar a gala de clausura onde se entregarán os premios da novena edición do Fancine de Lemos. O broche final do festival será a poeta e cantante galega, Lucía Aldao, que ofrecerá un concerto no Bar Garden de Monforte de Lemos para os participantes no festival.

O Fancine de Lemos por unha cultura inclusiva e accesible para todos

A primeira actividade deste ano será unha sesión de cine adaptada ás necesidades especiais dos usuarios da Asociación Ágora de Monforte de Lemos que poderán gozar da proxección da película “Scoob!” o mércores 5 ás 12:30 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro.



ÚLTIMAS

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San...

Décimo aniversario do Festival As Cores do Outono, os días 27 e 28 de setembro na Pobra do Brollón

O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do...

283 prazas para nenos e adultos nas Escolas Deportivas de Monforte

O Concello de Monforte oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través...