HomeCulturaExposición e concerto das tardes na terraza do Círculo Saviñao

Exposición e concerto das tardes na terraza do Círculo Saviñao

Este sábado ofreceu un concerto, Jorge Alcalá, e ata o 13 de agosto cóntase cunha exposición de Xosé Randolfe Vilariño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Jorge Alcalá, foi o responsable de poñer música ás tardes na terraza de verán do Círculo Saviñao. Este sábado ofreceu ó público sobre todo un repertorio de cancións españolas do século pasado.

E esta fin de semana inaugurábase unha exposición de pintura de Xosé Randolfe Vilariño (Castro de Carballedo, 1960) ven de inaugurar de novo. Contouse cun nutrido grupo de socios e amigos que quixeron cambiar impresións co pintor.

Randolfe é Graduado en Artes Aplicadas na Escola “Mestre Mateo” de Santiago de Compostela, na especialidade de esmaltes (1984-89). Realizou estudios de Xeografía e Historia e de Enxeñeira Técnica Forestal. Na súa pintura mestura aportacións do expresionismo, surrealismo, nova figuración, arte pop, etc… A mostra poderá visitarse no Círculo Saviñao ata o 13 de agosto.

Inauguración exposición Xosé Randolfe no Círculo Saviñai / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...