HomeCultura'Entre concas e cuncas', música por un rural vivo na Teixeira

‘Entre concas e cuncas’, música por un rural vivo na Teixeira

Trátase dunha iniciativa cultural que pretende fomentar o orgullo rural, promover a diversidade e a accesibilidade á cultura destacando a riqueza da Ribeira Sacra. O evento está organizado polo Concello da Teixeira en colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e coa xestión da empresa Culturactiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 15 de agosto, a partir das 21.00h, a Praza Cardenal Quiroga do Concello da Teixeira acollerá o comezo os Seráns Culturais baixo o programa cultural bautizado como ‘Entre concas e cuncas’. O primeiro evento, que servirá de estrea do ciclo, será un concerto de Acordeireta e De Vacas. Unha cita na que tamén haberá postos con petiscos e bebidas.

En vindeiras datas continuará a programación percorrendo as aldeas do Concello con actividades para todos os públicos organizadas polo Concello da Teixeira en colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e xestionada por Culturactiva S. Coop.

“O rural é un espazo cheo de vida e creatividade e este proxecto busca precisamente iso, reivindicar o rural coma un espazo de encontro e creación para romper cos estereotipos e demostrar que aquí tamén existe unha vida cultural vibrante”, afirman dende o Concello da Teixeira.

As mellores artistas do país de diferentes disciplinas estarán presentes para compartir o seu talento con toda a veciñanza da comarca. Entre concas e cuncas pretende fomentar o orgullo rural, promover a diversidade e a accesibilidade cultural e destacar a riqueza que se atopa na Ribeira Sacra. Un xeito, a través da cultura, de promover espazos de encontro que reforcen o sentimento de orgullo e que reivindiquen o dereito á vida no rural.

Ademais desta data grande de inauguración do ciclo, con De Vacas como cabeza de cartel, a programación extenderase, como comentamos previamente, en vindeiras semanas con artistas que percorrerán as aldeas e os recunchos para garantir o acceso á cultura de toda a veciñanza. As próximas confirmacións coñeceranse a través das redes sociais do Concello de A Teixeira.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....