HomeCulturaTradición galega e música afroamericana abren o 3 de agosto o "Sarria&Blues...

Tradición galega e música afroamericana abren o 3 de agosto o “Sarria&Blues no Camiño”

Coa lema “Un cruceiro no crosssroads”, a segunda edición do festival de músicas afroamericanas, Sarria & Blues no Camiño, que organiza o concello de Sarria, botará a andar o próximo 3 de agosto coa interpretación dun tema clásico da música negra norteamericana, a cargo dunha banda de gaiteiros locais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a primeira fin de semana de agosto o festival Sarria&Blues no Camiño encherá as rúas e prazas de Sarria de música en directo, cunha programación que inclúe a grupos locais xunto a bandas nacionais e internacionais, sen faltar actividades culturais e gastronómicas.

O xoves, día 3, despois da apertura oficial, celebrarase un concerto no atrio da Igrexa de San Salvador a cargo de Lust ‘N’ Found, un dúo de Street Blues, que co seu estilo persoal realizarán un percorrido musical que partirá das raíces do xénero a principios do século XX, para acabar na súa influencia nos anos 70. O escenario nocturno trasládase á Praza de Santa Mariña, onde actuarán The Hoodoo Doctors, unha banda especializada en Chicago Blues.

O venres 4, Lust ‘N’ Found refórzanse co armonicista MA Lonesome, nun concerto para os maiores na Residencia, e ao mediodía a Pianista, Sister Marion, acompañará ao investigador musical, Héctor Martínez na presentación do libro “Al compás del Vudú”. Pola noite celebrarase unha gran festa na que colaboran e intégranse os dous festivais que esa fin de semana coinciden na vila: A Verbena Fest e o Sarria & Blues no Camiño, con gastronomía afroamericana, baile e música, a cargo de Taninos Maduros, Os Naipes, O Pavoni & The Moonshine Tones, e fin de festa con DJ Grande Osso.

O sábado 5, a banda The Dixie Blinders abrirá o pasarrúas popular que pechará un escenario móbil con The Hoodoo Doctors. Co luscofusco chegará ao escenario da Feculera o blues e o rhythm blues de Índigo Blues, unha banda integrada por seis mulleres procedentes de diversos estilos de música negra. Tras elas subirá ao escenario Gisele Jackson & The Shu Shu’s, unha das mellores bandas internacionais de Soul Blues, cunha cantante que comezou o seu camiño acompañando a mitos como James Brown.

O peche ao festival farase o domingo, día 6. Nesa xornada contarase coa música de The Hoodoo Doctors e Lust´n´Found e presentarase a revista, Macheta.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...