HomeCultura"Monforte Fusión" este 29 de xullo na Praza de España de Monforte

“Monforte Fusión” este 29 de xullo na Praza de España de Monforte

A Praza de España de Monforte acolle este sábado, 29 de xullo, a celebración do ciclo musical denominado Monforte Fusión, que o pasado ano foi unha actividade novidosa dentro do programa do Verán Cultural do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comezarase ás 21:30 coa actuación de  Cherry Sweet, as integrantes desta banda unirán música de todos os tempos co estilo divertido e elegante do swing dos anos cincuenta. É unha banda formada por tres vocalistas cuxos arranxos vocais están dirixidos por Sabela Cereijo.

Kin García Quintet con Antía Muíño actuarán a partir das 23:30. A obra de Marcial de Adalid convértese no fío condutor desta andaina musical na que se inclúen as melodías tradicionais do cancioneiro “Cantares Viejos y Nuevos de Galicia” editado no ano 1877. Mestura as melodías más sinxelas da música de raíz co jazz. Como solista para este proxecto, unha das grandes voces da música galega, Antía Muíño.

O ciclo, organizado polo Equipo de Goberno e que conta co apoio do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, suporá a celebración de dúas actuacións musicais na Praza de España, a partir das 21:30 horas.

Todas as actuacións serán con entrada gratuíta e dirixidas a todos os públicos. A cita está organizada polo concello de Monforte co apoio do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo.

Kin García

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao solicita retirar o peche perimetral que se instalou na Devesa

A Devesa de Escairón é un elemento patrimonial natural urbano datado nuns 400 anos...

Monforte instalará na Praza de España unha pantalla xigante para a final do Mundial

O concello de Monforte instalará unha pantalla xigante na Praza de España o próximo...

O concello de Chantada aproba unha operación de crédito por valor de 4.189.546€ “para executar importantes melloras no municipio”

O Concello de Chantada comezou a semana celebrabando sesión plenaria extraordinaria cun único punto...

Baixo Zero, grupo de música revelación da Ribeira Sacra, de concerto en Ribas de Sil  

A terraza de Las Vegas, en San Clodio (Concello de Ribas de Sil), acollerá...