HomeCulturaTrece Roeis de récord no primeiro día reclamando descanso na zona de...

Trece Roeis de récord no primeiro día reclamando descanso na zona de acampada

"As normas da acampada son claras: é un espazo de descanso. Na xornada de hoxe estaremos máis encima desta situación e a mínima queixa tomaremos as medidas oportunas. Veñamos a disfrutar do festival pensando tamén no que tes ao lado", a organización agradece a comprensión e colaboración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres comezaba en Ferreira unha nova edición do Trece Roeis Fest que organiza a asociación 13Roeis. Na primeira xornada contouse coas actuacións de: Lucía Aldao, o leo de matamá, Tirapralá Baturruka, Enxeito, Catuxa Salom, Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá e The Poet’s Silence. TIAM Gz non realizou o segundo pase xa que que ante a ameza de choiva decidiuse cancelar por “motivos de seguridade”, segundo explica a organización nas súas redes sociais, agradecendo a comprensión e amabilidade da formación e do público.

Hoxe sábado, 19 de agosto, a música correrá por conta de SFDK, Auxili, Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua, Monoulious DOP, Uxía Lambona e a Banda Molona e Festicultores Troupe.

O festival que conta con actividades complementarias vinculadas ao viño, a literatura ou a gastronomía dispón de zona de acampada para a que desde a organización demandan respecto como zona de descanso, “Non estamos en contra da festa, queremos que veñades a pasalo ben e o mellor posible, pero NON imos tolerar e permitir que se enturbie o descanso da xente na acampada. As normas da acampada son claras: é un espazo de descanso. Na xornada de hoxe estaremos máis encima desta situación e a mínima queixa tomaremos as medidas oportunas. Veñamos a disfrutar do festival pensando tamén no que tes ao lado. Grazas pola vosa comprensión e colaboración.”

As festas seguirán en Ferreira coa celebración das Festas de Ferreira que organiza o concello. O domingo, día 20 de agosto comezará con sesión vermú nos bares de Ferreira e na Praza de Goián. Ás 17:30 na Praza do Concello, Infantilandia, con xogos e actividades para os/as máis pequenos/as. A partir das 21:30 contarase coas actuacións de charanga KM0 e as orquestras Nueva Fuerza e Florida Band.

O luns, 21 de agosto, tamén comezará con sesión vermú; durante a tarde Infrantilandia e pola noite a festa estará amenizada pola charanga Tatoo e as orquestras Ritmo Xoven e Galilea.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...