HomeCultura“Berces de vida. De paseo polos bosques de España” chega a Sarria...

“Berces de vida. De paseo polos bosques de España” chega a Sarria o 6 de setembro

A Oficina Municipal de Turismo de Sarria (Antiga Prisión Preventiva) acollerá entre os días 6 de setembro e 6 de outubro a exposición “Berces de vida. De paseo polos bosques de España”, organizada por Afundación, Obra Social de ABANCA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta mostra, comisariada polo dúas veces gañador do Premio Nacional de Medio Ambiente, Joaquín Araújo, poderase visitar de luns a venres en horario de 9.15 a 14.00 horas e será de acceso gratuíto.

En todo caso a iniciativa forma parte da iniciativa “Cultura por alimentos” e os visitantes están convidados a doar alimentos cando a visiten. Para acudir noutros horarios será preciso consultar nos teléfonos 982 530 068 ou 982 535 000.

A exposición convida a pasear polos bosques de España, ao tempo que pon en valor a súa beleza e a súa relevancia na sustentabilidade da vida, presente e futura.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...