HomeCulturaI Festival de Música Tradicional das Augas Mestas o 27 de agosto

I Festival de Música Tradicional das Augas Mestas o 27 de agosto

A Praza da Rúa Lago e a Rúa Real, serán novamente, o escenario para acoller as cinco actuacións que completan o cartel da primeira edición deste festival.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga acolle o domingo, 27 de agosto, o I Festival de Música Tradicional das Augas Mestas. No encontro de música tradicional, organizado polo concello en colaboración co Director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Luis Foxo, terán cabida diferentes estilos musicais, instrumentos e artistas.

Ás oito menos cuarto, a Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga será a encargada de abrir o festival, para darlle paso o grupo de gaitas local, O Recanto que comezará coa súa actuación a partir das oito.

Quince minutos despois, as oito e cuarto, Músicas da Bretaña Francesa, con Michel Jammet tocando a bombarda, instrumento de vento de madeira utilizado para tocar música tradicional bretona,e que estará acompañado de Louis Aberrall coa gaita bretona.

Ás oito e media actuará o Grupo Folk de Ribas de Sil, e as nove da noite chega de novo a Quiroga o cantante galego Roi Casal.

ÚLTIMAS

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa...