HomeCulturaA Rede Museística Provincial inicia un programa que pon o foco na...

A Rede Museística Provincial inicia un programa que pon o foco na sabedoría dos nosos maiores

A área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo a través da Rede Museística Provincial presenta un novo programa “278,81% de envellecemento sabedoría.” Por cada 100 mozos menores de 16 anos, a provincia de Lugo alberga a 278 adultos maiores de 64 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a RMPL a través do club senior búscase con este proxecto cambiar miradas e poñer en valor o que temos. “278,81%”, esta porcentaxe convídanos a deternos e mirar cara atrás, cara ás raíces que nos sosteñen e enriquecen ao longo dos anos. “Queremos homenaxear esa acumulación de vivencias, coñecementos e experiencias que forxaron o tecido social desta provincia”, reivindica a xerente da RMPL, Encarna Lago.

Esa vellez que a sociedade actual olvida como se non todas as persoas camiñaramos cara ela, ponse desde a RMPL no lugar de honra que lle corresponde, “como tesouro de coñecementos acumulados, unha riqueza intanxible que merece ser valorada e compartida. Como bibliotecas vivas da nosa historia que teñen moito legado que deixarnos, a súa sabedoría, a súa experiencia”.

Esa porcentaxe sobre o envellecemento, é tamén a da riqueza que nos queda nos nosos maiores. E con ese “278,81%” a RMPL abre unha nova porta dentro do club senior para adentrarnos e dar a coñecer toda esa sabedoría que agochan as persoas que viviron xa grande parte da súa vida.

Exposición “RE”coñecer e novos capítulos da web serie “Historias soterradas: Ronsel de futuro”

Este martes arrincou o programa “278,81%” coa inauguración na Sala de Exposicións da Deputación Provincial, da mostra “Re”coñecer, que incorpora Recendos de Concetta Montenegro e Abstracción Lírica de Luisa Paz. Dúas irmás xubiladas que pintan desde nenas e sempre compatibilizaron seu traballo coa formación en pintura. A exposición quere recoñecer esas vidas de traballo e de formación.

Programa “278,81% de envellecemento sabedoría” e exposición “Re”coñecer / RMPL

Despois da inauguración presentouse un novo capítulo de “Historias soterradas: Ronsel de futuro”, a web serie da Rede Museística Provincial de Lugo e Señor López Producións. “A mirada dos sentidos” foi o capítulo protagonista.

O programa irase ampliando con actividades nos catro museos, este mércores preséntase no Museo Provincial do Mar, o capítulo “As mulleres do mar” da web serie Historias Soterradas: Ronsel de Futuro. Celebrarase tamén unha xornada de convivencia e festa na que participarán integrantes do club senior do Museo do Mar coa rapazada que estivo participando nas actividades de verán do Museo. Séguese así a filosofía da RMPL de tecer redes coas distintas comunidades desde os Museos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...