HomeCulturaComeza en Sarria a II Mostra “Iván Tourón Morais”

Comeza en Sarria a II Mostra “Iván Tourón Morais”

A Casa da Cultura de Sarria acollerá desde este venres ata o día 15 de outubro un total de dez espectáculos teatrais dentro da programación desta mostra que leva o nome do que fora director da Escola de Educación Infantil. Cinco espectáculos están programados para público infantil e outros tantos para público adulto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A II Mostra Iván Tourón Morais chega este 15 de setembro á Casa da Cultura de Sarria para encetar a tempada de outono dedicada ao teatro. O ciclo está impulsado pola Concellaría de Acción Cultural de Sarria e a compañía Rebuldeira Teatro, contando ademais coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas “Ler conta moito”, e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

PROGRAMACIÓN INFANTIL

A programación infantil arrincará este venres ás 17.30 horas coa obra “Cambi@ contos: Flipa cos contos”, a cargo de Bandullo Azul e Fran Campos. O día 22 de setembro, tamén ás 17.30 horas, será Felipe Díaz Valle quen ofrecerá o espectáculo “Miña casa. Meu lar (contos ambientais)” e o día 29 chegará o turno de Cris de Caldas coa obra “A bibliotecaria estrafalaria 2.0”, tamén á mesma hora. As dúas últimas funcións do ciclo infantil serán o 6 de outubro ás 17.030 horas, con Charo Pita representando “A cabeza a paxaros”, e o día 13 de outubro, tamén ás 17.30 horas, con Marta Ortiz e a obra “Tralará. Contos, obxectos e música”.

“Filipa cos contos” de Fran Campos e Bandullo Azul.

PROGRAMACIÓN TEATRAL PARA PÚBLICO ADULTO

Comezará o vindeiro domingo 17 de setembro ás 20.00 horas. Ese día a Casa da Cultura acollerá a estrea da obra “Cita previa”, da compañía local Rebuldeira Teatro, unha peza que versará sobre situacións disparatadas nas salas das consultas médicas. O domingo 24 de setembro, tamén ás 20.00 horas, será a compañía Teatro do Miolo a que represente a obra “Saíndo do cerco”, mentres que o día 1 de outubro a compañía Bátega Teatro ofrecerá a obra “O mundo de Martina” co mesmo horario que as anteriores. As dúas últimas funcións serán o 8 de outubro (20.00 horas) coa obra “Asasinato na tenda de roupa”, a cargo do Grupo de Teatro do Hospital de Lugo, e o día 15 de outubro (20.00 horas), con “Vaia lío”, a cargo da compañía Charamela.

ESTRATEXIA PARA ATRAER ESPECTADORES

Coa finalidade de incentivar a asistencia ás diferentes funcións, o concelleiro de Acción Cultural César No vén de anunciar unha iniciativa. A idea consiste en repartir tarxetas de fidelización para que aquelas persoas que acudan polo menos a catro das funcións programadas –tanto no ciclo adulto como no infantil– e deste xeito optar á posibilidade de entrar no sorteo dun lote de libros ou de tres meses de subscrición gratuíta ao Centro Deportivo e Saúde Sarria.

ÚLTIMAS

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para...

Dous detidos en Chantada por agresión sexual a unha muller con discapacidade

Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no...

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa...

As ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes do mundo

A empresa chantadina Lugar Da Veiga S.L.L., coñecida en gran parte pola elaboración das...