InicioCultura"Na sala de cine o feeling entre o espectador e a pantalla...

“Na sala de cine o feeling entre o espectador e a pantalla é único”, Alfredo Vázquez, cine clube A Calexa

O cine clube A Calexa de Monforte nacía hai 21 anos na cidade do Cabe. Desde aquela o cine clube desenvolveu unha importante labor de divulgación da cultura vinculada ao cine. Unha das iniciativas máis destacadas do cine clube foi a Mostra de Cine que se viña desenvolvendo a estas alturas do ano desde 1999 e que este ano non se leva a cabo. Falamos co Presidente do cine clube a Calexa, Alfredo Vázquez Sanjurjo.

Publicado o

- Advertisement -

Que pasou este ano para non desenvolver a Mostra?

A situación é a habitual neste tipo de asociacións e colectivos, desde fai moito tempo o traballo recae na xunta directiva e nos últimos anos houbo membros da mesma que se tasladaron a outros lugares, o último eu, que cambiei de residencia por temas laborais, e así faise complicado organizar nada.

A tecnoloxía está acabando coas salas de cine?

A forma de consumir cine está cambiando progresivamente e iso vémolo na evolución que foi sufrindo o propio cine clube. Desde o cine clube organizamos a última proxección no Teatro Lemos, o único cine da vella escola que quedaba en Monforte e asistimos a apertura dos Multicines, varias salas, variedade de películas.

Hai 20 anos a xente ía ao cine e nas actividades que organizabamos desde o cine clube participaba moitísima xente. Daquela tiñamos proxeccións todos os meses, ofreciamos filmes que era difícil atopar en salas convencionais e había un público fiel. Hoxe as plataformas dixitais, internet,… a inmediatez, parece que o usuario pode acceder ao que queira como queira.

Alfredo Vázquez Sanjurjo, Presidente C.C. A Calexa

Pero iso xa non é cine porque o cine vese nunha sala de cine. Están condenadas a desaparecer?

Non, é como dicir que vai desaparecer a radio, nada acabou co cine ata o momento e non acabará. É un modo de contar, cultura viva, esa sensación de pantalla grande, sempre quedará unha sala de cine. Non podo predecir o futuro, pero a pantalla grande nunca desaparecerá.

Esa visión romántica, igual xa é só para nostálxicos?

Cando foi a estrea da última película de Dani De La Torre en Monforte entristecinme moito polo que vín en parte do público. Moitísima xente, como era de esperar, pero había xente que facía moitos anos que non pisara un cine, que estaban perdidos. Agora que o IVE cultural do cine está no 10% podería ser un bo momento para darlle unha oportunidade a unha sala de cine. Onde mellor se ve una película é nunha sala, nunha butaca, en pantalla grande e a escuras. O feeling que se crea entre o espectador e a pantalla non se pode trasladar a outro esceario.

Proxección cine clube A Calexa

O cine clube A Calexa comezou con case 200 socios, cantos sodes hoxe? Cantos cine clubes seguen funcionando en Galicia?

Deixamos de contar os socios do cine clube cando comezou a crise, ao redor do 2007, cada vez eramos menos. En Galicia pode haber unha ducia de cine clubes e que funcionen moi ben por programación, por público,… moi pouquiños. Podo dicirche Padre Feijó de Ourense, sobre todo porque teñen o perfil de público que se necesita.

O ano que vén haberá Mostra? Temos cine clube para rato?

A intención é facer Mostra o vindeiro ano e o que temos moi claro é que o cine clube A Calexa non desaparecerá, a xente non quere que desapareza. Forma parte da historia de Monforte, foi a primeira asociación cultural nun momento en que en Monforte case non había nada e o cine clube xerou movemento, encontros, sacou a moita xente da casa que tiña inquedanzas similares. Buscaremos a fórmula para que o cine clube A Calexa exista por moitos anos máis.

ÚLTIMAS

A curta documental “Corre o vento”, rodada no Courel, presente no Festival de Málaga

Corre o vento, da que demos conta o pasado ano no transcurso da súa...

Máis de 2000 euros en premios nos concursos da XX Feira Medieval de Monforte

Tras convocar o pasado mes de xaneiro o Concurso de axudas para a confección...

O Concello de Bóveda ofrécese a facilitar o rexistro de galiñeiros para autoconsumo

Segundo normativa vixente sobre sanidade animal todas as granxas avícolas, incluídas as de autoconsumo...

Campionato Provincial de Natación en Monforte

O pasado sábado a Piscina Municipal da Pinguela de Monforte acollía a 2ª sesión...