HomeCulturaPresántase na igrexa de San Pedro Fiz do Hospital, no concello do...

Presántase na igrexa de San Pedro Fiz do Hospital, no concello do Incio, a Guía do Románico da Ribeira Sacra-Courel

A presentación da publicación terá lugar este sábado, 16 de setembro, na igrexa de San Pedro Fiz do Hospital, a partir das 18.30 h. O acto acollerá tamén unha intervención musical a cargo do músico, musicólogo e luthier Abraham Cupeiro. Rematarase cunha degustación dos produtos máis característicos do Destino Courel, e a todos os asistentes se lles entregará un exemplar da guía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O GDR Ribeira Sacra-Courel dentro das accións e dinamización rural promoveu a publicación dunha guía do románico da Ribeira Sacra -Courel. Esta guía, cofinanciada con fondos do programa Leader 14-20, ten por obxectivo principal o de divulgar unha paisaxe artística moi singular, a paisaxe que configuran os diferentes edificios que se erguen nas parroquias do territorio do GDR e que contan cunha impronta e historia propia: a arte románica como un atractivo turístico máis .

A guía, autoría da empresa Máis que Románico, permitirá percorrer o territorio a través da arte románica ao contar este, con algúns dos exemplos máis importantes da arte románica galega como son as igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño, San Miguel de Eiré ou San Pedro Fiz do Hospital.

Nas 100 páxinas coas que conta esta guía, inclúense referencias a 42 templos románicos, incluíndo aqueles que aínda conservan elementos arquitectónicos deste estilo, e preséntanse organizadas segundo tres bloques que permiten coñecer a arte románica: elementos prerrománicos, o románico pleno e a explosión do Románico. Para cada igrexa disponse dunha ficha na que se expoñen os datos de advocación do templo, o século de construción, o concello onde se atopa, un texto explicativo sobre a súa orixe e unha descrición das súas características arquitectónicas e artísticas. O texto compleméntase con imaxes do exterior e interior do edificio así como dalgúns dos seus elementos individualizados. Cun apartado denominado “a salientar” destácanse algunhas das partes máis significativas do conxunto e un plano esquemático indica como chegar ata eles.

A presentación da publicación encádrase dentro das actividades que o Xeodestino Courel ten programadas para este último trimestre de 2023.

ÚLTIMAS

Multitudinaria Romaría do Faro con entrega de novas xoias para a Virxe

Este domingo, 8 de agosto, o Concello de Chantada celebrou a Romaría do Faro,...

A A.V. do Saviñao solicita do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dúas intervencións turísticas no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao asegura que o Consorcio de Turismo sinalizou algunhas rutas...

Sarria acollerá o 12 e 13 de setembro as dúas primeiras etapas da Volta a Galicia

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o presidente da Federacion Galega...

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...