HomeCulturaQuiroga estrea a súa "Ruta literaria"

Quiroga estrea a súa “Ruta literaria”

Unhas 60 persoas participaron o pasado domingo 1 de outubro desta iniciativa cultural que pon en marcha o concello baixo o nome de “Quiroga, territorio literario”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na ruta, de pouco máis de 10 quilómetros, contouse como relatores cos profesores e escritores Celia Díaz e Xosé Estevez, dous intelectuais moi ligados e comprometidos coas terras quiroguesas, e con Ramón Vila, Director dos Museos de Quiroga e un dos artífices desta iniciativa turística-cultural. Tampouco faltou a música, contando coa colaboración de Xavier Blanco, da Fundación Legar, que amenizou as paradas tocando diferentes instrumentos.

Durante a ruta realizáronse paradas naqueles emprazamentos vinculados dalgunha maneira con sete escritores: Pura e Dora Vázquez que viviron en Quiroga sendo nenas; Ernesto Guerra da Cal, con familia quiroguesa, que viviu coa súa tía en varios lugares da vila durante a súa nenez e adolescencia; Eduardo Moreiras, autor que naceu en Quiroga e volveu con frecuencia a estas terras para explorar vales, ríos e montañas; Luis Losada, intelectual nacido en San Vitoiro do século XVIII; o senlleiro Ánxel Fole que residiu na Veiguiña para protexer a súa integridade despois da Guerra Civil; e a avoa de Manuel María era do Hospital, ademais fixo fondas amizades nestas terras.

Participantes atendendo a un dos relatos de Celia Díaz. Foto: Y.M.

Arriba de 60 persoas estiveron presentes nesta ruta literaria, e entre os participantes estiveron o Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o Primeiro Tenente de Alcalde e concelleiro de Turismo, Vicente Parra.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...