HomeCultura"Gloria Nacional" de Teatro do Noroeste estrea este 5 de outubro a...

“Gloria Nacional” de Teatro do Noroeste estrea este 5 de outubro a programación teatral de Monforte para a segunda metade do ano

A cita no salón de actos do Edificio Multiusos a partir das 20:15h. Prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este xoves 5 de outubro, chega Gloria Nacional, da compañía Teatro do Noroeste, obra escrita e dirixida por Eduardo Alonso e interpretada por Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela.

A obra conta a historia de Uxío Rodas, escultor e pintor duns 60 anos, considerado polos seus contemporáneos unha auténtica “gloria nacional”. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais e ten sobre as súas costas unha longa e importante carreira de creador honesto e impoñente, con exposicións e grandes ventas en todos os países do mundo.

Agora atopámolo no seu estudio construído nunha antiga granxa de vacas, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante, encargado polo goberno do seu país. O encontro das tres mentalidades: a de Uxío, na crise existencial de non retorno; a de Maribel, a xuventude executiva da nova realidade e a de Carme, a sabedoría de quen o ten vivido todo, xeran, nesta obra, unha comedia de profundo contido social.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos será Unha inimiga do pobo da compañía Talía Teatro que terá lugar o xoves, 26 de outubro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...