HomeCulturaMoito que facer na Pobra do Brollón esta fin de semana

Moito que facer na Pobra do Brollón esta fin de semana

O sábado 14 haberá unha homenaxe e o domingo 15 unha camiñada para coñecer uns traballos arqueolóxicos, pola mañá, e unha proxección cinematográfica pola tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón convida a achegarse polas terras Guímaras para participar nalgún dos eventos que teñen programados esta fin de semana posterior á ponte do Pilar.

Por unha banda, o sábado 14 pola mañá terá lugar a ‘Homenaxe a Antonio Reboiro’, alcalde republicano da Pobra do Brollón que foi asasinado no 1938. Sendo alcalde Xosé Lois Maceda, o concello aprobou en Pleno poñerlle o nome deste republicano á Biblioteca Municipal, e agora vaise inaugurar unha placa co seu nome. O acto será ás 11:30 h. na Casa do Concello e contará con Xurxo Ayán e Olga Novo.

E xa para o domingo, día 15 de outubro, o concello convida a facer unha camiñada cultural e a gozar dunha proxección cinematográfica. A Andaina transcorrerá de Salcedo ata ‘Penas do Castelo‘, sendo a saída ás 11:30 h. dende o Local Multiusos de Salcedo, e un guía detallará os traballos de restauración que se están a facer nese enclave arqueolóxico.

Xa pola tarde, a Casa da Cultura Olga Novo acollerá a proxección do documental “María Casares: A muller que viviu mil vidas”, un filme que chega dentro do Ciclo Mestre Mateo de cinema en galego que xira por diferentes localidades galegas e que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

O devandito documental, unha homenaxe polo centenario do seu nacemento, propón unha aproximación íntima e profunda á vida desta muller extraordinaria. Desde a súa Galicia natal, que nunca esqueceu, coñeceremos unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX.

ÚLTIMAS

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San...

Décimo aniversario do Festival As Cores do Outono, os días 27 e 28 de setembro na Pobra do Brollón

O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do...

283 prazas para nenos e adultos nas Escolas Deportivas de Monforte

O Concello de Monforte oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través...