InicioCulturaAvaliar para ser sostibles, módulo formativo de museoloxía social, o 13 de...

Avaliar para ser sostibles, módulo formativo de museoloxía social, o 13 de novembro no Museo Pazo de Tor

A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial de Lugo, desenvolve o luns, 13 de novembro, no Pazo de Tor (Monforte de Lemos) este encontro formativo cunha orientación práctica sobre o plan de avaliación. Un recurso que permite medir o impacto real na comunidade dos procesos e accións que activa a RMPL.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada do 13 de novembro no Museo Pazo de Tor estará guiada por Eloísa Pérez Santos, profesora de avaliación psicolóxica da Universidade Complutense de Madrid e investigadora de públicos de museos.

En horario de 10:30 a 18:30 repasaranse claves de avaliación que sinala a xerente da RMPL, Encarna Lago, “a humanización dos datos, a importancia de obxectivos e indicadores ben definidos, o apoio a marcos teóricos ben fundamentados, a procura do rigor, a sustentabilidade e a ética e, sobre todo, a comprensión de que a valoración e o coñecemento do público son unha ferramenta valiosa para reflexionar sobre o museo que queremos conseguir.”

Tomaranse como casos de estudo reais algunha das propostas activas no propio espazo da Rede Museística Provincial de Lugo, ademais de abordar dúbidas e exemplos dos contextos concretos das persoas participantes. O obxectivo é facilitar unha reflexión colectiva sobre o papel dos museos en particular, e da cultura en xeral, no benestar e no desenvolvemento sostible das súas comunidades.

Este módulo formativo está destinado a persoas vinculadas ao ámbito museístico e a outros contextos culturais e de ámbitos próximos, como a mediación social ou a educación, entre outros. A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas, por estrita orde de inscrición na web da RMPL.

Este encontro completa o programa formativo Estratexias de Museoloxía Social 2023. Unha proposta de coñecemento aberto, dirixida a toda a comunidade iberoamericana da Rede Museística e que este ano xirou arredor do lema “Museos, sustentabilidade e benestar”.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo Iglesias no Dakar

O piloto Eduardo Iglesias volverá competir no Rally máis duro do mundo e farao...

Que pasa no centro de saúde de Chantada?

O Concello de Chantada acordaba, no pleno celebrado en setembro, que o alcalde, Manuel...

Dous días máis de permiso para os traballadores do concello de Monforte pola coincidencia en domingo dos festivos de Nadal

As traballadoras e traballadores públicos do concello de Monforte poderán gozar de dous días...

A A.V. do Saviñao segue buscando solucións ás antenas de telefonía móbil

A asociación veciñal do Saviñao decide facer esta solicitude á Xefatura Provincial de Telecomunicacións...