HomeCulturaTaller de decoración de Nadal, o 5 de novembro en Tuiriz

Taller de decoración de Nadal, o 5 de novembro en Tuiriz

Dúas asociacións de Pantón, Segredos de Pantón e a asociación de veciños de Tuiriz organizan esta actividade que será de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo da actividade é confeccionar os adornos de Nadal, utilizando materiais reciclados e dándolle unha nova vida a estes. O taller para preparar esta decoración de Nadal conta con 25 prazas e será gratuíto, se ben as persoas participantes terán que aportar algúns dos materiais a utilizar, pinturas, anacos de madeira, roupar e como sinalan desde a organización, “moita imaxinación.”

A cita terá lugar o 5 de novembro ás 16:30 no local social da asociación de veciños de Tuiriz. As inscricións poden facerse por correo en segredosdepanton@gmail.com, nos teléfonos 662 669 223 (Lucas) ou 647 568 260 (Rebeca) ou nas redes sociais das asociacións, Instagram ou Facebook.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...