HomeCulturaSan Martiño en Quiroga coa presentación do novo libro de Celia Díaz

San Martiño en Quiroga coa presentación do novo libro de Celia Díaz

Coincidindo coa celebración do patrón da vila de Quiroga, o San Martiño, a escritora e filla adoptiva de Quiroga, Celia Díaz, presentará na casa da cultura o seu novo libro “As faces do diamante”. A cita ás 18:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a presentación na que intervirán, ademais da autora, o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o segundo tenente de alcalde, Xosé Manuel Fernández, leranse fragmentos da obra que contén dez relatos nos que se abordan diferentes temáticas protagonizadas por personaxes moi diversos. Esas historias transcorren en diferentes lugares e en distintas épocas para rematar entrecrúzandose e interrelacionándose creando unha historia que abrangue máis de oitenta anos, conseguindo que estes relatos, en palabras de Xulio Valcárcel, formen unha novela.

Celia Díaz, vinculada familiarmente a Quiroga onde pasou varios anos da súa vida é Profesora de Lingua Galega en Educación Secundaria Obrigatoria no IES As Lagoas de Ourense e Profesora de Didáctica da Lingua Galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo. A súa ampla actividade literaria -tanto para público infantil como adulto- inclúe novelas, relatos, teatro, ensaio, pasatempos, libros de texto e outros materiais didácticos. O que lle serviu para acadar tamén numerosos recoñecementos:

-Premio de teatro infantil O Facho en dúas ocasións: no 2019  Unha estrela para Amina e para o 2016 por O castelo de pena redonda

-Premio Internacional Barriga Verde de teatro de monicreques en 2004: Cataventos e cía.

-Premio Pura e Dora Vázquez de Literatura Infantil e xuvenil en dúas ocasións: 2004 por Adeliña e en 2012 por Rugando.

-Premio de contos Breogán en 2007: O relato “Un tango na noite”, publicado agora no libro As faces do diamante.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...