HomeCultura380.000 euros para asociacións e colectivos culturais da provincia

380.000 euros para asociacións e colectivos culturais da provincia

Ese é o importe das axudas de concorrencia competitiva que concedeu a Vicepresidencia da Deputación de Lugo para este 2023. A resolución provisional foi publicada o pasado luns, 20 de novembro, no BOP.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Se estades nunha asociación cultural e pedistes subvencións á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para a organización de actividades culturais e para investimentos en equipamento e mellora de locais sociais, consultade o BOP do pasado 20 de novembro. Aquí sae publicada a resolución que concede, de forma provisional –pódese presentar alegacións–, 342 axudas cun importe total de 380.000 euros.

Clases de música e baile tradicional, obradoiros de teatro, narración oral ou pintura, documentais, publicación en papel, certames, xornadas sobre historia ou patrimonio, celebracións populares e outras actividades de posta en valor das tradicións e do patrimonio inmaterial reciben financiamento a través desta convocatoria dirixida ao tecido asociativo e cultural de base.

O importe das achegas oscila entre os 500 e os 3.000 euros, en función dos criterios establecidos nas bases da convocatoria.

A deputada de Cultura Iria Castro lembrou que “a convocatoria contou este ano con case o dobre de orzamento que en anos anteriores, dobrando tamén o número de entidades que recibirán financiamento” e valorou “o traballo que desenvolven estas asociacións, na súa maioría colectivos pequenos que se sosteñen grazas á implicación desinteresada de persoas preocupadas pola cultura, pola lingua e o patrimonio e que compren un papel fundamental para garantir o acceso á cultura en todo o territorio”.

A responsable provincial destacou tamén que “estes colectivos son en moitas aldeas e parroquias rurais auténticos referentes culturais, programando actividades pero tamén impulsando estudos, investigacións e iniciativas de posta en valor do patrimonio local”.

ÚLTIMAS

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...

Prata para Sara Pérez Pallín do Club Atletismo A Gándara no Campionato de España

A gran noticia do torneo chegou da man de Sara Pérez Pallín, quen se...

Pantón, “corazón da Ribeira Sacra”, enxalza o sumiller Luis Paadín no pregón da Feira do Viño

O concello de Pantón celebrou do venres ata este domingo a XXXI Mostra de...

O 15 de maio o Aeródromo das Lamas en Monforte acolle a “Vuelta Aérea Internacional Aerodreams 2026”

A saída da VAIA 2026 está prevista o xoves 14 de maio desde o...