HomeCulturaAta o 12 de decembro pódense solicitar prazas na Ludoteca de Nadal...

Ata o 12 de decembro pódense solicitar prazas na Ludoteca de Nadal de Sarria

Estas actividades desenvolveranse do 26 de decembro ao 5 de xaneiro nas instalacións do CEIP Frei Luis de Granada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Sarria Concilia 2023-24” ten prazo aberto de inscrición ata o 12 de decembro. A actividade, con número de prazas limitadas, está dirixida aos nenos e nenas escolarizados nas etapas de Infantil e Primaria nos centros educativos de Sarria. O servizo dividirase en tres horarios: Servizo Madrugadores, de 7.30 a 9.30 horas; Ludoteca de Nadal, de 9.30 a 14.00 horas; e As tardes do cole, de 14.00 a 15.30 horas, que inclúe servizo de friameira, garda e custodia.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral do Concello de Sarria e a publicación provisional da listaxe de admitidos/as realizarase o día 14 de decembro. No caso de que algunhas solicitudes deban emendar ou completar a documentación presentada, poderán facelo do 15 ao 19 de decembro e ao día seguinte, o 20 de decembro, publicarase a listaxe definitiva de admitidos/as.

Entre o día 20 e o día 25 os admitidos deberán efectuar o pagamento do servizo, que ten os seguintes custos: 8,86 euros para o Servizo Madrugadores; 8,86 euros para a Ludoteca de Nadal; e 17,72 euros para ambos servizos conxuntamente

ÚLTIMAS

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...