HomeCulturaSober presenta un programa de Nadal cheo de actividades e concursos

Sober presenta un programa de Nadal cheo de actividades e concursos

Ademais da visita de Papá Noel e os Reis Magos, haberá moitos concertos, festa infantil e varios certames para que a veciñanza amose a súa creatividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación de Nadal do Concello de Sober comeza o vindeiro 9 de decembro co concerto da soprano Aida Gimeno e alongarase ata a tradicional cita cos Reis Magos, o 5 de xaneiro de 2024 no Centro Sociocultural.

O día 15 terá lugar a inauguración do Belén e o acendido oficial do alumeado de Nadal na Praza do Concello ás 18:30 h. e o sábado 16 á mesma hora haberá “Cánticos de Luz e Nadal” a cargo de Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa na Igrexa de Bolmente.

O esperado Festival de Nadal a cargo da Escola Municipal de Música de Sober será o domingo 17 ás 18:30 h. no Centro Sociocultural e a visita de Papá Noel o día 21. Este día pasará polo PAI de Sober ás 12:00 e polo CEIP Plurilingüe Virxe do Carme ás 12:30 h.

CONCERTOS E FESTA INFANTIL

A programación contempla outros dous interesantes concertos no Centro Sociocultural. Un o día 23, “En Clave de Fado”, a cargo do grupo tradicional Os Carunchos, ás 19:00 h.; e outro o día 28, “Concerto de Nadal”, da man de María do Ceo ás 20:00 h.

E para goce dos máis pequenos, os días 27 e 28 o Pavillón do Colexio será o escenario da Festa Infantil.

María do Ceo. Foto: MdC.

CERTAMES DE NADAL

Para incentivar a creatividade relacionada co Nadal, o Concello de Sober vén de convocar varios certames nos que se premiarán as creacións presentadas con lotes de libros e vales de compra nos comercios locais.

Concretamente haberá un certame de Beléns, con 2 categorías: infantil e adulto; un certame de postais, con 4 categorías: Ata 8 anos, de 9 a 11 anos, de 12 a 16, e a partir de 17; e un certame de Decoración de Locais Comerciais.

O prazo de presentación de solicitudes para participar está aberto ata o 21 de decembro debendo presentar o impreso de solicitude, as postais a concurso e/ou a foto do belén e da decoración de locais.

No concurso de postais concederanse tres premios por categoría, consistindo estes nun lote de libros e diploma; no de beléns e decoracións haberá vales de compra para os 3 primeiros e un de consolación para os que non gañen de 20€.

Para máis información preguntar na Biblioteca Municipal, enviar un correo electrónico a cultura@concellodesober.com ou chamar ao 982 460513.

XANEIRO

Chegando ao novo ano, dúas datas para marcar na axenda. O día 2, no que haberá “Cantos de Reis” coa agrupación musical local O Trícole ás 18:00 h.; e o 5 de xaneiro ás 12:00 h. que será cando cheguen a Sober os Reis Magos. As dúas actividades serán no Centro Sociocultural.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...