HomeCulturaA MESA Lemos organiza un contacontos en Bóveda

A MESA Lemos organiza un contacontos en Bóveda

Será o vindeiro 3 de xaneiro de 2024 no Centro Sociocultural de Bóveda ás 12:00 h. A narradora será Ángeles Goás.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegación da MESA pola Normalización Lingüística na Comarca de Lemos, como xa é tradicional nestas datas de Nadal, promove unha actividade en galego dirixida ás familias. Esta actividade ten carácter rotativo, co cal cada ano escóllese algún concello de Lemos ou da súa contorna para o desenvolvemento da mesma. Así, nestes pasados anos xa fixemos actividades en Quiroga, A Pobra do Brollón, Monforte, e O Saviñao. 

Este Nadal é a quenda de Bóveda, concello que acollerá o vindeiro 3 de xaneiro o espectáculo de narración oral “Un saco de contos” a cargo de Ángeles Goás. Será no Centro Sociocultural deste municipio ás 12:00 h.

A NARRADORA

Ángeles Goás é unha narradora de Abadín, provincia de Lugo. Segundo refire “cheguei a este mundo con présa, coma se algo me urxira, sen saber moi ben o que… A tía Victorina e a mamá Flor, andaban por alí de cando en vez, e contáronme os meus primeiros contos”.

Soubo que viñera ao mundo para escoitar porque cando o facía nada era máis importante para ela nese intre. E, claro, dedicouse a iso. Escoitaba a coñecidos e descoñecidos, aos vellos e non tan vellos, aos parentes que viñan de lonxe e aos de preto, aos meus amigos, aos veciños… 

Goás leva anos como narradora, actuando por Galicia principalmente, e con espectáculos tanto para público infantil e familiar como para público adulto.

O ESPECTÁCULO

Un saco de contos é un espectáculo de narración oral composto por unha selección variada de contos tradicionais e/ou literarios.  A súa temática é variada e pode adaptarse a públicos de distintas idades. Os contos contados nesta sesión saen dun saco máxico cargado de historias que, libremente, regala a cambio de recitados, trabalinguas, adiviñas…

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...