HomeCulturaO Concello de Quiroga convoca por primeira vez Concurso para elexir o...

O Concello de Quiroga convoca por primeira vez Concurso para elexir o cartel anunciador da Feira do Viño

Os traballos deberán ser presentados antes do 16 de febreiro na casa da cultura, nun sobre pechado co lema do cartel e os datos da autora ou autor, nome e apelidos, nome artístico (se procede), o enderezo e o número de teléfono. O deseño gañador terá un premio de 300 € e será empregado como cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga convoca por primeira vez un concurso de deseño gráfico co fin de elixir o cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Quiroga, que se celebrará o 30 e 31 de marzo.

No concurso poderá participar toda a poboación, con traballos en formato A3 e técnica libre. Cada participante soamente poderá entregar un cartel que se presentará en soporte ríxido para facilitar a súa exposición.

Os carteis deben aludir ao espírito da Feira do Viño de Quiroga facendo especial fincapé no mundo do viño e no noso patrimonio e cultura, quedando totalmente prohibida a utilización de calquera IA (intelixencia artificial) para a realización do seu deseño.

Será obrigatorio que o cartel inclúa os seguintes compoñentes: XLII Feira do viño de Quiroga, a data de celebración -30 e 31 de marzo-, e os logotipos: Escudo oficial do Concello de Quiroga, logotipo oficial da feira do viño de Quiroga, Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel co distintivo da UNESCO Global geopark, Ribeira Sacra Consorcio de turismo e o logotipo do Camiño Xacobeo de Inverno (no caso de non ter acceso a estes logos, facilitaríanse na Casa da Cultura a través do correo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es).

O deseño gañador, que se premiará con 300 €, será empregado como cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Quiroga e os carteis finalistas poderán ser expostos se o Concello así o considera. Todos eles quedarán en poder do Concello de Quiroga. O gañador entregará unha copia do cartel en formato dixital para a súa posterior difusión. Os participantes someteranse á decisión do xurado, que estará formado por persoas cualificadas na materia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...