HomeCulturaA Libraría da Proencia presenta dous libros galegos en Sober

A Libraría da Proencia presenta dous libros galegos en Sober

O 30 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal de Sober, "Ou as dúas estaredes mortas", de Xosé M. Eyré; e o 3 de febreiro no local social de Rosende, "Diario de dúas casas", unha obra de María Villamartín. Os dous eventos contarán coa presenza dos autores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro martes, día 30 de xaneiro, no marco do Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal, a Libraría da Proencia presentará en Sober o libro de Xosé M. Eyré, Ou as dúas estaredes mortas. As persoas integrantes do Club de Lectura Pintor de Castinande poderán conversar co propio autor no transcurso da actividade que terá lugar o ás 18:00 h. na Biblioteca Pública Municipal de Sober.

Esta obra, publicada en setembro de 2023 en Galaxia, contén unha escolma de minicontos enlazados por unha historia dunha intrigante relación ente dúas mulleres e os seus utópicos proxectos.

Por outra parte, o sábado 3 de febreiro, o local social de Rosende será o punto de encontro con María Villamarín, autora de Diario de dúas casas. A xente que asista e este evento, ademais de compartir unha actividade moi interesante coa escritora, poderá quedarse a tomar un viño e un pincho ao remate do acto.

Esta obra, publicada por Euseino? en 2023, son escritos híbridos entre o ensaio e o diario, froito de reflexións que xorden da vivencia entre “dúas casas”, unha en Santiago e outra nunha aldea da Limia, da que non se perde o arraigo.

“A distancia entre a cidade na que vive e estuda e a aldea onde naceu —e onde está a súa casa familiar— convértese nun camiño de ida e volta. O seu tránsito frecuente é tamén un movemento interior, atravesado e unido pola escritura de cadernos. Neles agroma unha sorte de desconcerto, a colisión entre dous mundos e dúas formas de vida, as fisuras e as tensións das relacións familiares, a amizade como nova forma de pertenza e, finalmente, a lectura como acubillo escollido, como casa propia.”

PARA AS/OS INTERESADAS/OS EN ASISTIR ÁS PRESENTACIÓNS

O acceso é libre a ambos actos pero para tomar un pincho e un viño en Rosende, despois do encontro con María Villamarín, cómpre anotarse antes do 1 de febreiro no correo pedidos@proencialibros.com ou mediante mensaxe ou chamada ao 674938803 (o prezo do pincho é de 6 €).

ÚLTIMAS

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...