HomeCulturaSober recupera o entroido tradicional de Bolmente despois de medio século desaparecido

Sober recupera o entroido tradicional de Bolmente despois de medio século desaparecido

O Concello de Sober gaba a recuperación do Entroido tradicional de Bolmente por parte dos seus veciños e veciñas. Este ano decidiron recuperar os carraboleiros e as señoritas, personaxes típicos do Entroido que había 50 anos que non saían desfilar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Carraboleiros e señoritas formaban parte daquelas míticas comparsas que recorrían os lugares da parroquia de Bolmente, xuntamente cos maragatos, vellos e vellas, que remataban a velada nun lugar emblemático da parroquia chamado “o corno do boi”, bebendo Amandi, doces típicos, bailando e cantando.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que o Entroido deste ano na localidade, “ademais de contar con máis participación ca nunca, recuperou uns célebres personaxes que se crían perdidos e que volven despois de 50 anos”. O entroido de Bolmente foi, hai anos, xunto co de Proendos, dos máis importantes da Comarca.

O rexedor agradécelles aos veciños e veciñas de Bolmente o seu traballo para recuperar estes personaxes propios do Entroido de Sober, que son As señoritas e carraboleiros de Bolmente. De feito, ademais de gañar o primeiro premio do concurso de disfraces que se celebrou na localidade o sábado, tamén conseguiron premio no de Monforte.

Entroido Bolmente 2024 / Concello de Sober

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...