HomeCulturaRomán Rodríguez destaca o investimento de 3M€ no colexio do Cardenal e...

Román Rodríguez destaca o investimento de 3M€ no colexio do Cardenal e nas melloras dos centros de ensino

Román Rodríguez e Katy Varela valoraron “as iniciativas pioneiras no eido cultural desenvoltas polo Goberno de Rueda, así como aposta do Partido Popular pola mellora continua de infraestruturas educativas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Román Rodríguez, acompañado pola portavoz do PP de Monforte e candidata ao Parlamento de Galicia, Katy Varela e outros membros da candidatura, subliñou nunha visita á cidade do Cabe “o compromiso do PP co impulso da cultura e do ensino como polo tractor do desenvolvemento socioeconómico”. 

Os populares destacaron como “un claro exemplo” a rehabilitación do Colexio do Cardenal (A Nosa Señora da Antiga) cun investimento que acada os 800.000€ grazas ao cal se garante a conservación deste inmoble, tras a súa declaración como Ben de Interese Cultural BIC, por ser un dos máis senlleiros de Galicia e un reclamo turístico de primeira orde. Precisamente, a última actuación é a restauración do retablo da capela das Reliquias.

No eido das infraestruturas educativas, puxeron en valor as melloras en cinco centros de Monforte de Lemos como as do Instituto IES Río Cabe, a rehabilitación integral do Francisco Daviña Rey e as instalacións fotovoltaicas dos institutos A Pinguela, Río Cabe e o Centro de Educación Especial Infanta Elena que suman un investimento de máis de 2 millóns de euros.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...