HomeCulturaPresentación de tres poemarios en Monforte

Presentación de tres poemarios en Monforte

Será este 21 de marzo na Librería Pelayo, reunirá a tres autores e o encontro faise para celebrar o 'Día da Poesía'.

Publicado o

- Advertisement -

“A Outra Patria”, “Ábresme a porta do Océano?” e “Dentro” dos escritores Simón Rodríguez, Anxo Muíños e Ana Belén Gutiérrez presentaranse respectivamente ás 18:00, 19:00 e 20:00 horas este 21 de marzo na Librería Pelayo.

OS AUTORES QUE VEÑEN CELEBRAR O ‘DÍA DA POESÍA’

Simón Rodríguez, máis coñecido como “Galego de Caracas”, foi o gañador do 1º certame do Bóveda Slam Poetry e acadou co poemario Patria o Premio de Poesía o Facho 2023.

Anxo Muíños é escritor e activista pola natureza. Ten publicados tres poemarios e nuns días presentará con Peruchela Edicións outras obras de narrativa.

Ana Belén Gutierrez é una escritora nobel que recentemente acaba de publicar o seu primeiro poemario “Dentro”. O seu nome artístico é Anita Dinamita, alcume co que participa en distintos eventos de micro aberto ou slams.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...