HomeCultura"Iphixenia na porta do súper", este 21 de marzo no Multiusos de...

“Iphixenia na porta do súper”, este 21 de marzo no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro do primeiro trimestre deste ano 2024, este xoves, 21 de marzo, no Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas, coa obra Iphixenia na porta do súper, de Compañía Humana, dirixida a público adulto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Concello de Monforte programa para este xoves ás 20:15, a posta en escena da obra para adultos Iphixenia na porta do súper, de Compañía Humana, obra escrita por Gary Owen, dirixida por Sara Rey e interpretada por Alba Caneda. O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

A obra é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Agora chega por primeira vez a Galicia e en galego este emocionante e necesario monólogo que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista de clase baixa. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos… Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

A seguinte obra do ciclo de teatro será Soño dos vagalumes do grupo Teatro Universitario Universidade Laboral de Ourense que terá lugar o xoves, 11 de abril, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo a entrada gratuíta.

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...