HomeCultura"O soño dos vagalumes", cita co teatro o 11 de abril no...

“O soño dos vagalumes”, cita co teatro o 11 de abril no Multiusos de Monforte

O soño dos vagalumes é unha obra inspirada no libro das “Marías de Santiago”, e relata a historia de Maruxa e Coralia Fandiño, dúas irmás que sufriron a represión franquista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da súa programación teatral semestral, o Concello de Monforte ofrece para este xoves, 11 de abril, ás 20:15 no Edificio Multiusos a posta en escena da obra para adultos O soño dos vagalumes, do Grupo de teatro da Universidade Laboral de Ourense, obra dirixida pola alaricana Ángeles Álvarez e interpretada por máis de vinte persoas vencelladas a este centro educativo.

Esta representación pretende ser unha aproximación á memoria histórica e á violencia sistemática contra as mulleres ó longo dos años.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos será Falar por falar da compañía Volta e Dalle Teatro que terá lugar o xoves, 25 de abril, no Edificio Multiusos ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral para esta obra será de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...