HomeCulturaXornadas Pacegas sobre as 'Revoltas Irmandiñas' no Pazo de Tor

Xornadas Pacegas sobre as ‘Revoltas Irmandiñas’ no Pazo de Tor

O luns 6 de maio comezou a cuarta edición das Xornadas Pacegas, centradas nas Revoltas Irmandiñas.

Publicado o

- Advertisement -

O Pazo de Tor, en Monforte, acolle dende comezos desta semana a cuarta edición das Xornadas Pacegas, centradas nas Revoltas Irmandiñas e organizadas pola Rede Museística Provincial de Lugo.

As consecuencias das revoltas sobre as torres e casas forte, como edificios de poder, a participación da Igrexa ou o papel das mulleres ante as revoltas, así como o nacemento dos pazos e casas señorais na etapa posterior, foron algúns dos temas sobre a mesa que se trataron na primeira xornada con intervencións dos historiadores Xosé Manuel Sánchez Sánchez (USC), Francisco Javier Pérez Rodríguez (USC), Miguel García Fernández (Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento-CSIC) e Pablo Otero Piñeyro Maseda (Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento-CSIC).

A xornada do luns concluíu cunha ponencia de Simón Vicente López, historiador da arte e persoal da Rede Museística Provincial, sobre a escultura de cabaleiro medieval recentemente incorporada ao Museo Pazo de Tor.

No día de hoxe, pola tarde, haberá ponencias centradas na iconografía funeraria baixomedieval.

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...