HomeCultura600 alumnos de oito centros  da Ribeira Sacra participan en Monforte no...

600 alumnos de oito centros  da Ribeira Sacra participan en Monforte no Correlingua

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro acompañou este venres ao estudantado da zona sur de Lugo que participou no Correlingua en Monforte de Lemos. A cita, que conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia provincial, reuniu a 600 alumnos e alumnas de oito centros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Parque dos Condes reuniu aos mozos e mozas de colexios e institutos baixo o lema “Dende aquí ata acolá. Galego xa!”, reivindicando o uso da lingua galega na ensinanza e entre a mocidade. A xornada comezou cunha andaina e rematou coa lectura do manifesto por parte do alumnado do IES A Pinguela. A nota musical púxoa Mekánika Rolling Band e o acto estivo animado por Fran Rei, que puxo o toque de humor.

Neste encontro participaron o CEIP Ricardo Gasset do Incio e, de Monforte o IES Daviña Rei, Ies Val do Asma, CPR Ferroviario, IES A Pinguela, CEIP A Gándara, CPR Plurilingüe Colexio Esxolapios e CEE Infanta Elena.

    Castro celebrou o éxito desta iniciativa que pon o foco na “reivindicación do uso do galego entre a xuventude e a rapazada, e que o fagan dun xeito festivo, sen prexuízos e desfrutando de todo o que ten que ofrecer o galego e a cultura”.

    A vindeira semana será a quenda do alumnado da Mariña, que se reunirá en Burela o mércores 29, sendo a última parada desta edición do Correlingua. Neste caso a praza da Mariña acollerá a festa que contará coas actuacións de Paco Nogueira e o grupo Cuarta Xusta.

    Os obxectivos das actividades desenvolvidas desde a asociación son a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións a prol dela, sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua, asociar o uso do idioma a actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades e contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos.

    ÚLTIMAS

    Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

    O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

    6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

    A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

    Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

    Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

    Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

    En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...