HomeCulturaRozalén, Álex Ubago, Álvaro de Luna, La La Love You e Rosa...

Rozalén, Álex Ubago, Álvaro de Luna, La La Love You e Rosa Cedrón nas Patronais de Monforte

Este mércores presentouse o programa de Concertos Musicais das Festas Patronais de Monforte, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto de 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal e como explicou o rexedor monfortino, José Tomé, “esta programación responde ó formato de Festas que vimos facendo dende que chegamos ao goberno municipal, centradas en ofrecer ós monfortinos e ás persoas que nos visiten unha ampla variedade musical e artística, para dar satisfacción a públicos moi diferentes tanto en idades como en gustos musicais”.

Programa musical das Festas Patronais de Monforte 2024

  • Domingo día 11 de agosto, despois do pregón: Actuará na Praza de España a cantante monfortina ROSA CEDRÓN e NÓMADA TRÍO.
  • Luns día 12 de agosto: ORQUESTRA PANORAMA: Iniciará a súa actuación ás 12 da noite ata as 2:00 para volver nun 2º pase ás 3:30 ata as 4:30 da madrugada e GRUPO AMÉRICA DE VIGO: Este grupo compartirá a velada musical deste día iniciando ás 22:30 a súa actuación e rematará o 1º pase ás 12 da noite, volvendo a actuar tras o primeiro pase da Orquestra Panorama, de 2:00 a 3:30 horas. Neste caso, o Alcalde recordou “que este grupo musical deixou xa en Monforte unha excelente impresión, e non me cabe dúbida, que con estas actuacións a Explanada quedarase pequena como ven ocorrendo nos últimos anos”.
  • Martes día 13 de agosto: ROZALÉN: O concerto central deste día 13 correrá a cargo da artista albaceteña Rozalén, que é unha das principais voces da nova canción de autor a nivel nacional e internacional. O seu concerto comezará ás 12 da noite e rematará á 1:30 da madrugada e ORQUESTRA COSTA DORADA: Complementando o concerto principal actuará a Orquestra Costa Dorada, en dous pases, un entre as 23:00 e as 12:00 da noite, e o segundo de 1:30 a 3:30 da madrugada.
  • Mércores día 14 de agosto: ÁLEX UBAGO: O concerto principal deste día 14 será o do artista vitoriano Álex Ubago, que leva máis de 20 anos na industria musical e é un superventas dende o seu comezo. A súa actuación dará comezo ás 12 da noite e rematará á 1:30 da madrugada. Acompañando esa noite a Álex Ubago, estarán dous grupos monfortinos, COOL FLANDERS e MALENNE.
  • Xoves día 15 de agosto: ÁLVARO DE LUNA: O día grande das Festas Patronais actuarán como concerto principal Álvaro de Luna, un artista sevillano que segue consolidándose no panorama musical español con as súas exitosas xiras e cancións que logran posicionarse entre as favoritas do público. Actuará entre as 12:30 despois dos fogos artificiais no Castelo de S. Vicente, e as 2 da madrugada. ORQUESTRA ACORDES: Acompañando o concerto principal do día da Patroa, esta orquestra actuará en 2 pases, comezando o 1º entre as 23:00 e as 12 da noite, e o 2º de 2:00 a 4:00 da madrugada.
  • Venres día 16 de agosto: LA LA LOVE YOU: O derradeiro día das festas actuará unha un dos grandes fenómenos musicais dos últimos anos no noso país, que en outubro de 2020, lograron alzarse co Premio MTV EMA a Mellor Artista Español e ORQUESTA MIRAMAR.

O Alcalde concluíu destacando que “dende o Equipo de Goberno, consideramos que é unha programación moi axeitada con concertos de primeiro nivel para seguir mantendo as Festas Patronais de Monforte como un dos referentes de Galicia esperando que sexan moitos os galegos e galegas que nos visiten atraídos pola calidade dos concertos de Monforte”. O investimento na contratación dos nos artistas e grupos musicais deste ano 2024 alcanza os 360.000€.

ÚLTIMAS

O Concello de Chantada aumenta a capacidade e mellora os servizos do punto limpo

O Concello de Chantada vén ampliando e mellorando o punto limpo do municipio desde...

305.000€ para un novo aparcadoiro no Polígono do Reboredo en Monforte

O aparcamento actual, que se ubica na marxe esquerda da vía principal do Polígono,...

Aberto o prazo para a ludoteca de verán de Triacastela

As actividades da ludoteca terán horario de 09:30 a 14:00 horas. Ofértanse 20 prazas...

Encontro sobre lexislación e axudas para o turismo, mentres seguen as xuntanzas “Montes de Saberes”

En Chantada desenvolveuse unha xornada sobre lexislación e axudas dirixida a proxectos relacionados co...