HomeCulturaAs Xornadas Pedagóxicas da RMPL chegan ao Museo Pazo de Tor o...

As Xornadas Pedagóxicas da RMPL chegan ao Museo Pazo de Tor o 5 e 6 de xuño

O programa das XXII Xornadas Pedagóxicas comezou con actividades en San Paio e Narla e no Museo Provincial de Lugo. Durante os días 5 e 6 de xuño o escenario das diferentes propostas será o Museo Pazo de Tor, en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas diferentes actividades destas Xornadas, os puntais clave son a escola e os museos, traballando unidos como ferramentas de transformación social. Considérase fundamental a asimilación de coñecementos para o desenvolvemento dun pensamento crítico e propio das crianzas.

Búscase a través destas propostas, a harmonía que facilita un desenvolvemento persoal e social equilibrados, onde o medio e a persoa van parellos. Así promóvese desde a Rede Museística Provincial unha educación pausada, reflexiva, facendo camiño a ritmo, inclusiva, igualitaria e sostible.

Xornadas Pedagóxicas programación Museo Pazo de Tor

Mércores, 5 de xuño

  • 16:00 Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor.
  • 16:45 Mesa compartida “Museos e territorio: do local ao global, do rural ao urbano” con Susana Hevia González, directora do Museo Etnográfico de Grandas de Salime “Pepe el Ferreiro” e Fernando Sáez Lara, director do Museo Nacional de Antropoloxía.
  • 17:45 Descanso.
  • 18:00 “Investigación educativa: proxecto proba de concepto”, Cosme J. Gómez Carrasco, Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Murcia.
  • 18:30 “Investigación educativa na RMPL (2024): 25 anos dando tempo ao tempo”, Encarla Lago González, Xerente da RMPL.
  • 19:00 Visita mediada ao Pazo de Tor: “Soterradas: Historia do futuro”.
  • 19:40 Debate e clausura

Xoves, 6 de xuño

  • 16:00 Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor.
  • 16:45 Mesa compartida “Museos: Educación, acción comunitaria e programas públicos”: “DIM 2024: Museos para la educación y la investigación”, Mª Auxilizadora LLamas Márquez, Presidenta de ICOM España; “PradoEducación: cómo transformar el relato desde la acción educativa”, Ana Moreno Rebordinos, Coordinadora Xeral de Educación do Museo del Prado e “Acción Comunitaria, Programas Públicos e Comunicación do MNAC”, Guillem d´Efak Fullana-Ferré, do Museu Nacional d’Art de Catalunya.
  • 18:30 Descanso.
  • 18:40 “Onde habitan os feitos: do documento histórico ao discurso educativo”, Simón Vicente, da RMPL.
  • 19:10 “Revirando a educación patrimonial, relacións co corpo, o espazo e as persoas” María Cacheda Pérez, Universitat Oberta de Catalunya e e Agència Catalana del Patrimoni Cultural,
  • 19:50 a 20:00 Debate e clausura.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...