HomeEn profundidadeEstefanía Fernández, de Monforte a La Voz Kids, cantando en francés

Estefanía Fernández, de Monforte a La Voz Kids, cantando en francés

A ilusión ten moito de vocación e de tenacidade para acadar o obxectivo que te ilusiona. A ilusión por vocación e con tenacidade foi o que levou a Estefanía Fernández a estar, con 14 anos, concursando no programa de Antena3, La Voz Kids, que se emite os sábados pola noite

Publicado o

POR
Ana Belén Fernández
- Advertisement -

Este sábado, 8 de xuño, Estefanía compite na fase de batallas do concurso como parte do grupo de Rosario Flores, unha das coachs do programa.

Estefanía vive en Monforte de Lemos desde nena e hoxe estuda 2º da ESO no IES Río Cabe, agora é famosa no centro. Cando comezas a saír no programa que che din no instituto?

Foron puros abrazos, parabéns,… Unha chea de cousas bonitas. Os profes tamén me dixeron cousas moi bonitas, as profesoras de francés sobre todo.

E iso aconteceu porque Estefanía pasou a fase das audicións a cegas coa canción, “Dernière danse”, da cantautora francesa, Indila. Por que escolles este tema?

A francesa escollina eu porque me gustaba moito e non todo o mundo leva cancións en francés, era algo orixinal. A deste sábado é I´m every woman de Whitney Huston, esta canción escolleuna Rosario Flores.

Se pasas a fase de batallas, chegarás ao último asalto e depois galas en directo para a semifinal e a gran final. Pero como comezou todo?

Presenteime xa o ano pasado, pasei os castings en liña e nos castings da Coruña non ía moi segura, ía sen ganas e non me colleron. Traballamos as cancións e miña nai inscribiume nesta edición, sen que eu soubera nada. Ao final fun con máis ganas e máis preparada. Estou con clases de canto e meu pai e máis eu comezamos a mellorar as cacións, preparalas mellor, presentámonos e saiu. Espectacular todo!

Estefanía e seu pai / XdL

O pai de Estefanía, Vicente Fernández, está sendo durante este proceso, que xa leva dous anos, axente, representante, coach vocal, psicólogo motivador, fiel escudeiro e fan incondicional de Estefanía e do seu talento para cantar.

As audicións son dun minuto e medio, os castings eran 40 segundos. Buscamos a forma para incorporar a parte de mellores vibratos, mellores xiros. Teño bo oído, gústame cantar. Díxenlle, Estefanía vas pasar seguro. O traballo psicolóxico é importante, darlle o convencemento de que naceu para isto.

A Estefanía só lle falta un pouco de manexo artístico, máis soltura. Ela vale para isto, ten un talento e unha voz única. Desde febreiro deste ano vai a clases de canto para traballar as cordas vocais, a lingua, o peito, o estómago,… a voz é única. Ela vale para isto, só ten que crelo para gañar un pouco máis de manexo artístico, de soltura.

Estefanía Fernández en La Voz Kids / VF

Estefanía conta como é traballar co seu pai

Levámonos xenial, ás veces estamos de acordó, ás veces en desacordo e terminámonos entendendo. Dáme moita seguridade, ás veces ti soa méteste paranoias e necesitas a alguén que che axude a saír desa inseguridade.

Gustábache o programa de La Voz Kids desde nena, xa o viades en familia, pero como che empezou a gustar a música?

Desde pequeniña cantaba, o meu pai poñía cancións no coche de Queen, Beatles, Nirvana,… e cantaba. Nunha excursión de nena ao conservatorio ían ensinar os instrumentos e reconfirmeino na batería, aínda que ao final funme pola guitarra, que toco desde os 7 anos. Nesa excursión souben que quería ter un vínculo coa música. Para min a música é unha maneira máis de expresar un estado de ánimo, cando estás triste ou cando estás feliz. Unha maneira de expresalo e de saír da túa zona de confort.

Estefanía Fernández en La Voz Kids / VF

Chegar ao programa, eses momentos previos a entrar a actuar para ese xurado de costas, como os viviches?

Nervios, emoción porque era o meu soño. Viráronse Rosario e Melendi, e escollín a Rosario porque me pareceu moi riquiña, deume moi boa vibra. Traballar con ela agora é incrible, diche os fallos sempre con consellos para mellorar, fala con moita sensibilidade”. “Dillo de corazón”, engade o seu pai emocionado,

Vicente agradece o apoio que está recibindo Estefanía, ao tempo que lamenta “a falta de tacto do concello de Monforte por non terse acordado de Estefanía que está levando o nome de Monforte de Lemos por toda España“. Vicente tamén é chofer para levar a Estefanía ás gravacións a Madrid, etapa dura por ser época lectiva.

Levábame os libros a Madrid e ao volver das gravacións poñíame cos deberes, para que non se me acumulase o traballo. “Foi duro pero conseguiu moi boas notas”, asegura Vicente.

A que te queres dedicar de maior?

Sempre me deixa en branco esa pregunta, non sei que quero ser, pero sei que a música sempre vai estar no meu corazón, pero aínda non sei se quero dedicarme a iso no futuro.

Polo momento, Estefanía Fernández mañá pola noite defende I´m every woman de Whitney Huston. Farao na fase de batallas co grupo de Rosario Flores. O programa está previsto que remate en pouco máis dun mes, o 13 de xullo.

Estefanía Fernández en La Voz Kids / VF

ÚLTIMAS

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...

‘II Certame de Relatos Manuscritos’ organizado por Peruchela Edicións

Despois do éxito colleitado na primeira convocatoria, o pasado ano, Peruchela Edicións vén de...

Exposición, curso de pintura rápida e estrea documental no Centro Comercial Ponte Vella

O artista plástico Leandro Sánchez Bobillo, pintor mallorquino afincado en Ourense desde hai máis...

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por...