HomeCultura35 anos da Rota do Románico de Pantón

35 anos da Rota do Románico de Pantón

O Concello de Pantón organiza unha nova edición das Xornadas da Rota do Románico, que se desenvolverán entre o 14 de xuño e o 7 de xullo. As diferentes conferencias e concertos terán como escenario o salón de actos da casa da cultura e o Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira. Este foi, unha vez máis, o lugar escollido para a presentación, punto emblemático na Ribeira Sacra, por manter a vida relixiosa ata os nosos días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira actividade da Rota do Románico será este venres, 14 de xuño, ás 20:00h. No salón de actos da casa da cultura, a arquitecta e paisaxista, Isabel Aguirre, ofrecerá a conferencia, “O románico na paisaxe da Ribeira Sacra”.

O 23 de xuño terá lugar a XII edición da Sinfonía no Mosteiro. Ás 19:00h. a Igrexa do Mosteiro Cisterciense de Ferreira acollerá o concerto do grupo de música medieval Lug’Antiga Ensemble.

No salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira terá lugar o 28 de xuño ás 20:00h. a conferencia: “As pinturas murais nas igrexas románicas de Pantón: Atán Eiré e Pombeiro”; por conta de Berta Varela Rodríguez, historiadora da arte.

Seguiralle a conferencia: “Os retablos barrocos nas igrexas da Ribeira Sacra: Pantón e Sober”, a cargo da Historiadora da arte, Saleta López Vázquez. A cita na casa da cultura de Ferreira o 5 de xullo ás 20:00h.

O remate ás xornadas farase o día 7 de xullo ás 19:00h., o grupo de corda Aksak Fusión de música tradicional turca e música galega,  ofrecerá un concerto no xardín do Mosteiro Cisterciense de Ferreira.

Como parte desta edición da Rota do Románico de Pantón, prográmase unha xornada de portas abertas na igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño. Está previsto que as obras de restauración que se acometen no retablo rematen entre finais de xullo e comezos de agosto, cando estean completados estes traballos, anunciarase a visita.

De presentar esta XXXV edición das Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde, José Luis Álvarez; a concelleira de cultura, Cristina Domínguez e a coordinadora da Rota, Flora Enríquez, que convidaron á participación nas diferentes actividades, “O viño e o patrimonio son dous dos principais valores que ten o municipio de Pantón, e con eles as paisaxes e tradicións que levan asociadas. Hai un mes celebrábamos a XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón e chega agora o momento doutra actividade emblemática no noso concello, a Rota do Románico. Xa son 35 anos poñendo en valor o noso patrimonio e os nosos recursos da man do románico”, destacou o rexedor local”.

ÚLTIMAS

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...