HomeCulturaAndrea Micc presenta este 5 de xullo no Casino Ateneo "Crónicas de...

Andrea Micc presenta este 5 de xullo no Casino Ateneo “Crónicas de Vanusum II. Conquista de Luz e Escuridade”

A cita organizada pola propia autora en colaboración co Casino Ateneo será ás 20:00h. Da primeira entrega da saga leva vendidos máis de 700 exemplares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta segunda entrega, onde xa se pecha de forma circular a historia principal, Conquista de Luz y Oscuridad, chega para sorprender, facernos reflexionar e inundarnos de emocións. “A nivel persoal, estou nerviosa pero tamén moi ilusionada por poder compartir unha vez máis este proxecto con todas as persoas que xa o abrazan, e coas que chegarán para abrazalo nun futuro. Vanusum, para min, é moito máis que un mundo de fantasía. É unha aventura real, que se pode vivir, tocar, sentir e saborear. Coa que podes rir ou chorar. É algo tanxible, a pesar de invisible para os ollos. Vanusum é maxia, coma todos nós”, sinala a autora.

Andrea Micc convida a todos os interesados e interesadas a participar dun acto que asegura será bonito e acolledor, “Penso que á hora de ler, se vai percibir tamén a diferenza de escritura dunha Andrea de 13 anos (cando escribín a primeira parte), á Andrea actual. Quero coñecer as reaccións; aínda que algunhas xa me chegaron, e están a ser moi boas”.

Andrea Micc regresará a Monforte coincidindo coa Feira do libro que se organiza na cidade do Cabe. O 24 de agosto asinará os seus libros coa Libraría Entrelibros.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...