HomesociedadeFoliada, exposición e obradoiros para celebrar o Orgullo este 19 de xullo...

Foliada, exposición e obradoiros para celebrar o Orgullo este 19 de xullo na Pobra do Brollón

A partir das 21:30, o evento trasladarase aos bares do Avenida de Galicia da Pobra do Brollón cun obradoiro de baile tradicional a cargo de Gabi Reboredo, seguido dunha ‘foliada queer’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración comeza ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ coa inauguración da exposición ‘O amor entre mulleres, alén das marxes’, composta por unha serie de obras da ilustradora e veciña Paula Dacal.

Ás 20:45 terá lugar o obradoiro ‘Ruralidades Queer’ en colaboración con Sete Outeiros, tamén na Casa da Cultura. Segundo comentan dende Sete Outeiros, o obxectivo do obradoiro é ‘crear un espazo para xente LGBTIQ+ do rural para falar das nosas vidas, necesidades, e o noso lugar na sociedade’. E engaden, ‘convidamos a xente non-quir (cis hetero) a participar no diálogo de como crear unha sociedade que nos fai a vida de todes mellor xuntes’.

O evento é organizado polo Concello da Pobra do Brollón e conta con financiamento por unha parte da Deputación de Lugo e por outra, da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...