HomeCulturaNoites á luz da lúa na Praza do Cantón de Chantada este...

Noites á luz da lúa na Praza do Cantón de Chantada este 9 de agosto ás 21h

O venres, 9 de agosto, a Banda de Música de Chantada ofrece o tradicional concerto das Noites á luz da lúa na Praza do Cantón ás 21h. Desta volta, unha Verbena Sinfónica da man dunha das mellores voces do país: Antonio Barros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto transita por aqueles xéneros que noite tras noite se foron consolidando como a esencia das nosas verbenas: desde o pasodobre á rancheira, pasando polas cumbias, merengues, ou a nosa música galega.

Ademais das cadeiras para desfrutar do concerto, haberá espazo para que o baile sexa o protagonista, “pois estamos a falar de grandes éxitos que xa son parte do imaxinario colectivo de varias xeracións e algunhas das pezas máis bailadas en tantas noites de festa”, destacan desde a Banda de Música de Chantada.

O concerto está aberto a todas as persoas interesadas e convídase a participar para gozar dunha voz que deleitará ao público e converterá a Praza do Cantón nunha auténtica verbena na tarde-noite do venres día 9.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...