HomeCultura400 palilleiras no III Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, este...

400 palilleiras no III Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, este 7 de setembro na explanada da Compañía

A terceira edición desta gran xuntanza de palilleiras no sur da provincia de Lugo, abrirá as súas portas a partir das 10:30 ás 19:00, e será inaugurada ás 12:00 h. A continuación, terá lugar a actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte, e a entrega dun agasallo institucional ás mestras palilleiras presentes na mostra, que este ano son 30.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A terceira edición desta mostra, que tanto en 2022 como en 2023 supuxo todo un éxito tanto de participación de palilleiras como de público asistente, celebrarase nas carpas ubicadas na Explanada da Compañía. Asistirán arredor de 400 palilleiras provintes de toda Galicia e Castela e León (Bembibre e Toral de los Vados), e integradas en 30 grupos asociativos.

Ademais dos postos destinados ás palilleiras contarase cunha zona específica destinada á venta exclusiva de produtos que se poidan utilizar na arte de palillar, conformada por 12 tendas especializadas, provintes de diferentes puntos de Galicia, así como León, Burgos ou Madrid.

A iniciativa promovida polo Alcalde, José Tomé Roca, conta coa colaboración da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra. O obxectivo é amosar e por en valor a arte de palillar. A escolla de Monforte para ser a sede deste encontro veu motivada, pola alta demanda de moitas palilleiras que pedían celebrar un encontro en Monforte. Do mesmo xeito, tamén se tivo en conta a repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fóra de Galicia.

As localidades de procedencia das palilleiras protagonistas deste encontro son Arteixo, Vigo, Lugo, Ourense, Boiro, Sada, Oleiros, A Coruña, Sarria, Silleda, Valga, Monterroso, Vilanova de Arousa, Viveiro, Burela, Xove, Vimianzo ou Camariñas, así como Monforte de Lemos. Tamén virán palilleiras provintes de dous concellos de Castela e León: Toral de los Vados e Bembibre.

O PROGRAMA do sábado día 7 de setembro será o seguinte:

  • 10:30 h.- Recepción das palilleiras
  • 11:00-14:00 h.- Palillada
  • 12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras. A continuación, actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte, e entrega de agasallos institucionais ás mestras palilleiras.
  • 14:00 h.- Xantar
  • 16:30 h.- Palillada
  • 17:00 h.- Sorteo de agasallos
  • 19:00 h.- Despedida

ÚLTIMAS

200.000€ para a mellora da estrada provincial de Sober a Doade

A institución provincial investirá máis de 200.000€ (207.267.39) na mellora de sete quilómetros ó...

Ribeira Sacra, paisaxe da auga na Casa de Galicia en Madrid

Durante a visita, Miramontes fixo fincapé na importancia de iniciativas “que poñan en valor...

Presentación do poemario ‘Vestidos de organdí’ na librería Entre Libros de Monforte

A libraría Entre Libros de Monforte de Lemos acolle este venres 14 de novembro...

O BNG esixe actuacións urxentes para protexer a bacía do arrastre de cinzas dos incendios deste verán

A organización nacionalista reclama coordinación entre administracións para protexer a bacía e sinala que...