HomeCulturaMonforte presenta a súa completa axenda teatral para o derradeiro trimestre do...

Monforte presenta a súa completa axenda teatral para o derradeiro trimestre do ano

Serán 12 obras de teatro que se escenificarán no Auditorio do Edificio Multiusos e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro grazas á participación do concello na Rede Galega de Teatros e Auditorios do Agadic, e no Ciclo de Teatro Afeccionado e de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte presentou días atrás a súa completa programación teatral que se desenvolverá entre outono e decembro deste 2024 no Auditorio do Edificio Multiusos e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Serán un total de 12 representacións de compañías, tanto profesionais como de teatro afeccionado, dirixidas a público adulto, infantil e familiar, e representaranse entre os meses de outubro e decembro. Das pezas que se escenificarán, 5 están dirixidas a público adulto, 4 a público infantil e familiar, e 3 van dirixidas a todos os públicos.

Trátase dunha programación deseñada dende a Concellería de Cultura, á que o Alcalde agradece o traballo realizado na escolla e planificación, destacando ademais que “animamos ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o último trimestre do ano, a partir do 3 de outubro, que dará continuidade ao noso calendario cultural de actividades e que se estende ao longo de todo o ano”.

As diferentes producións teatrais programadas chegan a Monforte grazas á participación do concello na Rede Galega de Teatros e Auditorios do Agadic, e no Ciclo de Teatro Afeccionado e de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Esta é a axenda.

CIRCUÍTO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS

A participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do AGADIC, permitirá que cheguen a Monforte as seguintes compañías e producións teatrais:

Programación para Público Adulto:

Último verán en Santa Cristina, da compañía Teatro do Noroeste, o xoves 3 de outubro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€, e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

O Dragón de ouro, da compañía Sarabela Teatro, o xoves 17 de outubro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€, e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

Desexo, da compañía Talía Teatro, o xoves 7 de novembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

Soños, da compañía ArteFeito, o xoves 21 de novembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

Soños, da compañía ArteFeito. Foto: Culturactiva.

Testosterona, da compañía Malasombra, o xoves 12 de decembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

Programación para Público Infantil e Familiar:

Kyoki, da compañía Elefante Elegante, terá lugar o domingo 13 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio do Edificio Multiusos,  con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

La ratita presumida, a cargo de Tropos, Teatro de Títeres, terá lugar o domingo 10 de novembro, ás 18:00 horas no Auditorio do Edificio Multiusos,  con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

Nanai da China, a cargo da compañía Pérez&Fernández, terá lugar o domingo 1 de decembro, ás 18:00 horas no Auditorio do Edificio Multiusos,  con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

CICLO DE TEATRO AFECCIONADO E CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL

O Concello de Monforte participa tamén en dous circuítos teatrais que ofrece a Área de Cultura da Deputación de Lugo: o Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional.

Dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado esta é a axenda:

O sábado 30 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o grupo Teatreiras-Monforte representará Os Outros, con entrada gratuíta dirixida a todos os públicos.

O sábado 14 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o Grupo de teatro Viraventos-Monforte representará Copacabana, con entrada gratuíta dirixida a todos os públicos.

Dentro do Circuíto de Teatro Profesional esta é a programación:

O grupo Teatro do Miolo representará o mércores 18 de decembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a obra Saíndo do cerco. Esta representación dirixida todos os públicos tamén será de entrada gratuíta.

O xoves 26 de decembro ás 18:00 horas, no Auditorio do Edificio Multiusos, terá lugar a representación da obra Coa música a outra parte, da compañía Trécola Producións.

ÚLTIMAS

Declaración institucional do Concello de Monforte co gallo do ‘Día Internacional da Muller Rural’

En reunión do pasado luns 7 de outubro, a Xunta de Goberno Local do...

Éxito da actuación de regueifas en Ribas de Sil

Baixo o título de "Regueifas de Bergantiños a Ribas de Sil e a Quiroga",...

Máis dun millón de euros destinou a Deputación a Monforte neste ano, o PP critica a Tomé por discriminar ao resto de concellos

Lembran os populares que no pasado mes de abril o presidente asinara, por decreto,...

O 16 de outubro Pantón sóbese ao autobús do teatro

O autobús que levará aos veciños e veciñas de Pantón sairá ás 14:45h de diante do BBVA. A cita será ás...