HomeCulturaEste 3 de outubro volve o teatro ao Multiusos de Monforte

Este 3 de outubro volve o teatro ao Multiusos de Monforte

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este xoves, 3 de outubro ás 20:15 no Edificio Multiusos, terá lugar a posta en escena da obra para adultos Último verán en Santa Cristina, da compañía Teatro do Noroeste.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra deste xoves está dirixida e adaptada por Eduardo Alonso, e interpretada por Xavier Estévez, Maxo Barjas, Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela. Está dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Último verán en Santa Cristina, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive.

Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea.

Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960.

A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, esta vez dirixida a público infantil e familiar, será Kyoki da compañía Elefante Elegante, que terá lugar o domingo, 13 de outubro, no Edificio Multiusos ás 18:00 h.

ÚLTIMAS

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...