HomeCulturaO mellor cinema galego pódese ver na Pobra do Brollón

O mellor cinema galego pódese ver na Pobra do Brollón

O pase do filme ‘Fatum’ inaugura este venres, 11 de outubro, o "Ciclo Mestre Mateo" que levará a este concello nove proxeccións máis entre os meses de outubro e decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proxección inaugural do Ciclo Mestre Mateo da Pobra do Brollón terá lugar este venres 11 de outubro co pase da película Fatum, filme de ficción finalistas nos XXII Premios Mestre Mateo en cinco categorías: Mellor longametraxe, interpretación masculina protagonista, dirección, montaxe e vestiario.

A cita terá lugar no Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:15 horas. Trátase dun thriller de acción dirixido por Juan Galiñanes e protagonizado por Álex García e Luis Tosar, quen interpreta a un adicto ao xogo que se ve envolto nun atraco a unha casa de apostas.

PROGRAMACIÓN DO CICLO MESTRE MATEO

A programación do Ciclo Mestre Mateo está composta por outras nove proxeccións que terán lugar entre outubro e decembro na Pobra do Brollón.

Serán tres longametraxes de ficción, incluída a gañadora O Corno, ademais dos finalistas Matria e Salta!; catro documentais (o gañador Os espazos en branco, xunto con A nave das Marías, A viaxe de Lucy, e Chichi e mais eu) e nove curtametraxes repartidas en dúas sesións.

O Ciclo Mestre Mateo está impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón, co obxectivo de levar o mellor cine galego actual a novos públicos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...