HomeCulturaO Colexio Escolapios de Monforte recolle o premio á Mellor Curtametraxe no...

O Colexio Escolapios de Monforte recolle o premio á Mellor Curtametraxe no Emove Internacional Festival

Este sábado tivo lugar en Valencia a gala de entrega de premios do eMove International Festival, cuxo xurado está presidido polo coñecido produtor. Peter Beale.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta 9ª edición, o colexio Escolapios de Monforte foi galardoado co primeiro premio na categoría de 2º ciclo de ESO pola curta “A Boa Elección”, https://www.youtube.com/watch?v=YFoHiNhvzfo

O trofeo foi entregado no cruceiro MSC Fantasía e recolleito por unha das protagonistas do curto, Clara Varela Méndez e o profesor titor da actividade, Javier Saco Fernández, que recibe este premio por segundo ano consecutivo, tras conseguir con “A Moza da Xanela” o primeiro premio da pasada edición.

Javier Saco lembrou a enorme implicación de todo o alumnado participante no proxecto e destacou a importancia dos valores educativos que este proxecto promove no ámbito educativo.

Emove / Colexio dos Escolapios

ÚLTIMAS

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a...

Outro aforo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...