HomeCulturaUnha exposición difunde a música en galego nos centros de secundaria da...

Unha exposición difunde a música en galego nos centros de secundaria da provincia

Baixo o título "Galegoza. A canción en galego", a Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha mostra que fai un percorrido histórico da música en galego. Foi inaugurada o mes de setembro, no IES Xograr Afonso de Sarria e a partir desta semana percorrerá outros nove centros de secundaria da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición “Galegoza. A canción en galego” é unha iniciativa que chega a dez centros de Secundaria da provincia de Lugo grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Os obxectivos principais son dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma e lembrar o momento excepcional que está a vivir o panorama musical actual.

O programa artéllase arredor dunha exposición que repasa o percorrido histórico da música en galego desde os anos sesenta, desde a música tradicional e a canción protesta do século pasado ata a variedade de estilos nos que se fai música en galego nos últimos anos: ritmos tradicionais revisados e actualizados, pop, rock, canción de autoría, experimentación e electrónica, músicas urbanas, hip hop ou rap.

Os 16 paneis que forman a mostra, comisariada por Pepe Cunha e deseñada pola directora de arte Belén Freijeiro, describen esta evolución a través das bandas e solistas máis representativas e incorporan códigos QR cunha ligazón directa á lista de reprodución Galegoza para poder escoitalas.

UNHA MOSTRA ITINERANTE

A presentación da exposición tivo lugar o pasado mes de setembro no IES Xograr Afonso de Sarria, lugar onde permanecerá ata este 23 de outubro. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e a deputada de Cultura Iria Castro estiveron presentes no acto convidando ao estudantado a documentarse destacando a potencialidade das cancións en galego como ferramentas para a dinamización da lingua. Subliñaron, ademais, o momento excepcional que está a vivir a música en galego e as facilidades de escoita que ofrecen actualmente as novas tecnoloxías.

A partir do 23 de outubro a exposición chegará despois a outros nove centros espallados pola provincia. Entre eles, están o IES Lama das Quendas, en Chantada, o IES Río Cabe de Monforte e o IES de Quiroga.

Cada centro contará para a inauguración da mostra cunha charla de Pepe Cunha e cunha unidade didáctica arredor da exposición para facilitarlle o traballo ao profesorado e introducir a música en galego noutros proxectos.

ÚLTIMAS

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a...

Outro aforo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...

O BNG de Monforte leva a pleno a recuperación da muralla medieval e do mercado gandeiro

A formación nacionalista lembra que a muralla constitúe un dos elementos patrimoniais máis relevantes...